APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

domingo, 25 de octubre de 2015

A ENFERMIDADE VITAL

   
       A palabra sirve para edificar, sobre  todo como exposición ante un enfermo. Ser enteiramente un consigo mesmo; atreverse a ser un individuo, na inmensidade do seu esforzo e da súa responsabilidade, é unha proeza loable; pero é máis doado engañarse, acochándose na sociedade para xulgar a quen se atreve con empresa tan laboriosa. 
     Do mesmo xeito que para o pensamento cristiá a morte expresa a peor miseria espiritual, aínda que a curación mesma sexa morrer para este mundo, hai na enfermidade unha dobre vertente de desesperación e ensinanza vital. A enfermidade non é máis que un episodio que ilumina o camiño da existencia humana. Non é o final,  senón o principio.  
     Se trata de comprender que a enfermidade está instalada na nosa mente e vela como unha mensaxe de aprendizaxe e de esperanza. O defecto non é recoñecer o erro, senón participar del e tremar por aquelo que non se debe temer. Aceptar a realidade nos da coraxe para enfrentarnos sen temor a unha nova forma de contemplar a vida. A enfermidade non debe ser desesperación, senón camiño. Soren Kierkegaard nos introduce na desesperación da enfermidade mortal que procede do "pecado orixinal". Pero sen a desesperación, a enfermidade non leva á morte, senón a unha vida máis plena; quen desespera morre; é incapaz de contemplar a riqueza que a vida lle ofrece. 
        A historia é unha forza que nos impulsa cara diante. Somos conscientes da noso pasado e levamos o xerme do inconscente colectivo no noso espíritu, o que determina as nosas accións nunha medida considerable, teñamos consciencia delo ou non. Toda causa ten o seu efecto e a desesperación provoca incertidume e anticipa a enfermidade.
     Para Platón o mal era a desorde, mentres que para o xudeo-cristianismo a enfermidade é produto do pecado, un pecado que cometeran os nosos ancestros; nacemos en pecado e polo tanto enfermos; para sanar,  precisamos expialo e redimilo.
    Non podemos falar de persoas enfermas ou sanas; tan só compre falar de enfermidades que se instalan na nosa mente. A mente emite a información a través do pensamento que se manifesta e se fai visible no corpo. O que ocorre no corpo dunha persoa é a expresión ou concreción do eidolon que se forma no noso pensamento e se manifesta  no pulso, no ritmo do corazón, na temperatura corporal e nas glándunas hormonais, creando no organismo anticorpos ou pola contra, enfermidades que limitan as nosas defensas e as nosas accións. Cando estas funcións funcionan dun xeito harmonioso lle chamamos saúde; pero se a nosa mente se perturba a través do noso pensamento, a harmonía do conxunto se rompe e entón falamos de enfermidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario