APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 20 de octubre de 2015

A ORDE OCULTA

Impresiónanos a beleza e a maxestuosidade da naturaleza que nos rodea; as árbores, o ceo, unha posta de sol; todo é un espectáculo marabilloso; pero precisamos explicar o seu trasfondo oculto; esa especie de mundo na sombra; o código kósmico. 
        
Independentemente de si cren en Deus ou non, os científicos están de acordo en que existe un código kósmico. Stephen Hawking afirma que atopou a proba matemática da inexistencia de Deus. Suxire unha especie de creación espontánea; un vacío cuántico, anterior ao Big-bang. 
      
¿Poden os aceleradores de partículas botarlle un vistazo ao creador? A teoría de cordas predí que este "noso" universo se estende a outras dimensións. Sen embargo estamos condenados a permanecer nun mundo tridimensional. Parece que Deus trascende o bulk. O mundo non só é fermoso, matemático e elegante; tamén é a manifestación do extraordinario.
       
¿Poden existir cousas tan preto de nós sen que nos decatemos? Parece existir un universo de dimensións adicionais chamado bulk; pero as leis da física só permiten actuar nas catro dimensións convencionais (enriba-embaixo, adiante-detrás, dereita-esquerda e a temporal). O resto das dimensións son matematicamente descriptibles, pero fisicamente inaccesibles. A física tradicional nunca poderá acceder ao non comprendido.
       
Supoñendo que existan outras criaturas noutras dimensións, ¿serían capaces de interactuar connosco? Quizais esas supostas accións teñan efectos na nosa dimensión e non nos decatemos de que forma afectan á nosa existencia. A ciencia non pode confirmalo; pero tampouco refutalo.
      
Cando os científicos utilizan as leis clásicas da física para entender o Big-bang, atópanse coa singularidade; un lugar onde as leis da física parecen quebrarse. Hawking afirma que o comenzo non foi un punto; senón unha cúpula onde espacio e tempo se cruzan. Deste xeito, tentar retroceder no tempo sería como retroceder ao polo norte desde o polo norte. O universo se contén a si mesmo; nunca houbo un comenzo.
     
O punto crucial é unha situación confusa e seguirá sendo confusa. Temos ecuacións matemáticas que explican moitos universos posibles; pero ¿que deu orixe ás ecuacións? Existe unha antiga ensinanza hindú: "hai un número infinito de universos, cada un cun Deus diferente soñando o seu propio soño kósmico... " Están os seres humanos soñando unha orde divina ou é a orde divina a que os atrae cara si... Sempre existirá o non comprendido porque as matemáticas son intelixibles. 
              

No hay comentarios:

Publicar un comentario