APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

miércoles, 4 de septiembre de 2013

A FÍSICA CUÁNTICA E A "MENTALIDADE PRIMITIVA" (II)

Cultura primitiva era un termo da antropoloxía clásica que se utilizaba para designar á cultura que carecía de signos de desenrolo e modernidade. Á vista dos datos que aporta a Física cuántica, xulguemos quen está máis desenrolado...


Lucien Lévy-Bruhl coa publicación de "Mentalidade primitiva" en 1922 abriu o debate sobre a "mentalidade pre-lóxica" dos pobos chamados primitivos. Segundo parece, a evolución consiste en que as chamadas sociedades "civilizadas" (bombardeamos pobos enteiros para, supostamente darlle unha leción a un ditador, ainda que para elo teñan que morren e expatriarse milleiros de persoas) empregan a lóxica dos siloxismos Modus Ponens do tipo: Se A, entón B (se chove, entón te mollas), A (chove), polo tanto B (polo tanto te mollas).

Parece que as sociedades "primitivas" actúan de acordo coa súa experiencia cotiá e non seguen unha lóxica formal. Recorren constantemente á memoria como soporte vital do pensamento e cando unha cousa non é evidente, explican o suceso aludindo a sucesos místicos. Para eles, os axentes causais son forzas ocultas para as que non contan nin as restriccións lóxicas nin as de tipo temporal ou espacial. 

A mentalidade primitiva é mística, explican mediante estas intervencións, a enfermidade, os accidentes, a morte, a seca, a mala colleita. Na mente "primitiva" conflúen os obxectos perceptibles e as forzas invisibles. As entidades místicas e a percepción non están separadas nos actos cognitivos. A distinción entre o "dado" e o "percibido" é inapreciable para o suxeito. A diferencia fundamental reside en que o home "primitivo" está enraizado na esfera das emocións e os sentimentos que serven de eixos ás representacións colectivas.

Sir Edward Tylor (1832-1917) en "Primitive Culture" considera esta cultura como "salvaxe" e inferior nunha sucesión de estadios que rematarían nunha cultura "civilizada" como a nosa. Non cabe mentar aos que consideraban este tipo de cultura como "producto da estupidez" ou coma un razoamento inferior, comparable ao dos nenos dunha cultura "civilizada". Piaget "reconstrúe" a idea de "mentalidade primitiva" nun marco teórico psicolóxico de etapas do desenrolo da intelixencia a traveso do pensamento primitivo (prelóxico) do neno e Vigotsky apóiase tamén nela para postular a discontinuidade entre a construcción de procesos rudimentarios e avanzados. Sen embargo, o "primitivo" é quen de penetrar na natureza a traveso de "experiencias místicas".

Segundo amosa a física cuántica, é posible que a realidade sexa unha "verdadeira ilusión" creada polo noso cerebro que está disposto a ver unha realidade que se nos propón, interesada ou non, desde os albores da humanidade a traveso da historia, dos arquetipos e do inconsciente colectivo e que, o que lle dea forma ao mundo sexa algo parecido ao que dicía Platón: A IDEA.

Toda a materia é coma "un pensamento de información". O pensamento aféctalle ás moléculas que forman o macrocosmos, o microcosmos, as células, o átomo...Nós creamos a realidade. Cando non fixamos a mirada, hai múltiples posibilidades e cando miramos escollemos unha delas, a realidade de cada un de nós. A física cuántica postula que se pode estar en dous ou máis sítios á vez. Polo que "eu" elixo, para que se manifeste a experiencia do real, o que non está moi lonxe da experiencia primitiva. Para eles, a realidade está composta polo mundo dos seres vivos e o dos espíritus, non existe fronteira entre o que nós chamamos experiencia real e o alén. Están máis preto da unidade.


O número de persoas procedentes de África escravizadas entre os séculos XV e XIX polas sociedades "civilizadas" co pretesto de que os negros eran persoas inferiores, asimilados frecuentemente aos animais, sen dereitos e considerados xurídicamente coma cousas, varía segundo estimacións entre os 10 e os 60 millóns de persoas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario