APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

domingo, 15 de septiembre de 2013

LOUCURA OU NORMALIDADE

"La locura, a veces, no es otra cosa que la razón bajo diferente forma" Goethe
"En el amor siempre hay algo de locura, mas en la locura siempre hay algo de razón" Nietzsche
"La verdadera locura quizás no sea otra cosa que la sabiduría misma que, cansada de describir las vergüenzas del mundo, ha tomado la inteligente solución de volverse loca" H. Heine

O cerebro humano está formado por 100 mil millóns de neuronas con toda a maquinaria bioquímica precisa para que a célula viva e para recibir a estimulación á que estará exposto durante o proceso vital. Desde o nacemento o ser humano comenzará unha longa aprendizaxe que o diferenciará do contorno e dos demáis, feito que dará lugar á formación da identidade do seu "yo", pero non rematará ata a morte.

Segundo Vigotsky, o neno ten un potencial de desenrolo que non chega a desenrolar necesariamente, é o que chama "zona de desenrolo potencial" e precisa a axuda do adulto para que poida desenrolar o seu "nivel de desenrolo real". Piaget, estudando aos seus propios fillos, elaborou unha teoría sobre o desenrolo intelectual baseada en períodos e etapas: un primeiro período é o da intelixencia sensorio-motora (0-2 anos), un segundo período é o de preparación e organización das operacións concretas (2-11 anos) e un terceiro período é o das operacións formais (11-15 anos). No primeiro período, no que non existe diferenciación entre o neno e o mundo, éste parte de reflexos. A organización dase pola práctica, por axustes perceptivos e motores das cousas antes que pola manipulación simbólica das mesmas. O segundo período iníciase coas primeiras simbolizacións groseiras e conclúe co inicio das primeiras operacións formais nos primeiros anos da adolescencia. Inclúe dous subperíodos importantes: o das representacións preoperacionais (2-7 anos) e o das operacións concretas (7-11 anos). É no período das operacións formais no que se produce unha nova organización con novas estructuras mentais por medio das que o/a adolescente pode enfrontarse á realidade e ao mundo da posibilidade pura, o mundo dos enunciados abstractos. 

Se na teoría de Vigotsky é preciso que o adulto guíe o desenrolo do neno/a, na de Piaget, é o adulto o que interpreta a "acción" do neno e vai modelando o seu comportamento. Podemos ilustrar isto cun exemplo: imaxinemos que o neno tira do mantel da mesa e caen os platos. Dependendo de se a nosa resposta é boa ou mala, o neno asociará esa resposta ao feito de tirar do mantel e seguirá tirando ou deixará de facelo, o que condicionará a súa conducta futura.

O fisiólogo Pavlov demostrou que se poden establecer relacións entre estímulos e repostas durante toda a vida do individuo e, a partires de aí, Skinner sostivo "a controlabilidade total" da conducta humana, pero propón que se debe prescindir de conceptos como "home interior", "conciencia", "estados mentais", etc. O que propón Skinner abriulle a porta á "tecnoloxía da conducta" e á "planificación da cultura" baseada únicamente no estudo científico da conducta humana, prescindindo de toda "veleidade introspectiva". Tamén trouxo como consecuencia o desenrolo de técnicas de control do comportamento para favorecer un sistema cunha economía globalizada baseada no consumo permanente e insostible.

Como pensaba Skinner, só é preciso eliminar o "interior das persoas", a súa "conciencia" e tentar "que non pense". Isto pasou a ser o "Leitmotiv" dos grandes lobbys como recurso para exercer o poder e para enriquecérense facilmente, utilizando para conseguilo todos os instrumentos ao seu alcance: políticos, medios de comunicación e pseudociencia. A OMS (Organización Mundial da Saúde), defne a saúde como "un estado de completo benestar físico, psíquico e social e non só como a ausencia de enfermidade". Vistas as cousas así, ¿quen está realmente san?. Pode terse unha grande saúde física e psíquica, pero vivir marxinado pola sociedade en base a criterios ideolóxicos, relixiosos, culturais ou doutra índole, en cuxo caso a persoa non poderá realizarse plenamente. Podemos estar integrados na sociedade pero presentar alteracións somáticas ou psíquicas que perturban o noso ánimo e nos fan desdichados. Pero a cousa  no queda aí, xa que un pode sentirse desgraciado dependendo de moitas cinrcunstancias, o que incidiría no seu benestar físico, psíquico e social. Bastaría con que a calquera de nós nos trasladaran forzosamente de país e de cultura como ocorre coa emigración (pénsese na cantidade de asiáticos, africanos, americanos e mesmo españoles que teñen que abandonar o seu país e ás súas familias para trasladárense a outro país por falta de recursos).

Se resulta problemático definir a saúde mental, máis complicado vai ser definir a enfermidade mental. Desde un punto de vista estatístico podería considerarse psíquicamente normal todo aquel que se comporte e actúe como a maioría das persoas do seu contorno, entrando polo tanto no complexo e contraditorio dilema de si o sano é equivalente á maioría. Este criterio é pouco útil porque nos leva a situacións contraditorias, xa que o feito de que haxa unha grande frecuencia de caries dental nos levaría a considerala normal e non unha patoloxía. Desde un punto de vista médico-biolóxico, os trastornos mentais serían aquelas situacións incluídas nas clasificacións internacionais, básicamente no DSM da Asociación Psiquiátrica Americana e a CIE da Organización Mundial da Saúde (subvencionadas pola industria farmacéutica internacional). Por último, desde o punto de vista social, serían "enfermas" aquelas persoas que non rinden no seu traballo, as que teñen problemas coa familia (non integrados), as que marchan solitarias polo mundo, as que transgreden as normas e as convencións sociais (xenios, creadores...), etc.

O criterio de saúde e de enfermidade vai depender do grao en que a persoa foi alienada (alleada de si mesmo, da súa conciencia, do seu interior e do seu pensamento) e do grao de tolerancia da sociedade e do seu suposto desenrolo, por poñer un exemplo, unha esquizofrenia é unha grave enfermidade mental nunha sociedade para a que o importante sexa que se estea totalmente concentrado no que se esixe dun, que traballe (se se é quen de topar un traballo) e que se consuma sen descanso, mentres que o mesmo trastorno nunha sociedade das chamadas "primitivas" a persoa con esquizofrenia ocuparía o lugar máis alto da tribu como Chamán. O feiticeiro non se sente estigmatizado, desviado, desprazado, despreciado e inútil por iso non se esconde nos recunchos para fuxir dos demais e das súas experiencias tremendo de medo, sedado e anulado socialmente. Ademais, a perspectiva social da enfermidade mental ten un plus engadido ao converterse nunha etiqueta social que impón a "clase dominante" para aumentar o seu control sobre a sociedade.

No século XXI se utiliza en exceso a psiquiatría e a psicoloxía  como intrumentos para mandar a mensaxe de que a felicidade e o benestar son posibles a toda costa. É relativamente frecuente ver aos pais dun neno ou nena que non obtén os rendementos académicos que esperan, acudir ao psicólogo ou psiquiatra para que lles solucione o problema, ou cando unha xove non acada a felicidade que lle prometen a televisión e as revistas, acuda ao psiquiatra para que lle dea un remedio eficaz e rápido que mitigue o seu desacougo; ou como, ao parado que presenta ansiedade e unha tristeza comprensibles e lóxicas dado o momento agobiante e vital que está pasando se lle remite ao médico de cabeceira para que tente reducir o seu sufrimento. A tristeza, a alegría, a ansiedade e incluso a cólera son sentimentos humanos que todos temos. O problema está en que a sociedade educa para consumir, pero non aporta ferramentas para utilizar axeitadamente a intelixencia emocional á hora de resolver os nosos problemas. A solución pasaría por educar precisamente aquelo que máis empeño poñen en erradicar: o noso interior, a nosa conciencia e o noso pensamento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario