APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

miércoles, 4 de septiembre de 2013

A FÍSICA CUÁNTICA E A REALIDADE (I)

Non existe unha realidade senón múltiples realidades

Imaxe ilustrativa da dualidade onda-partícula, na que se pode ver cómo un mesmo fenómeno pode percibirse de dúas formas distintas.


A física cuántica ou mecánica cuántica pode explicar a existencia do átomo e desvelar os misterios da estructura atómica tal como as entendemos hoxe, fenómenos que non pode explicar debidamente a física clásica. Max Planck enunciou a hipótese de que a radiación electromagnética é absorbida e emitida pola materia en forma de cuantos de luz ou fotóns de enerxía mediante unha constante estatística (constante de Planck). A idea de Planck houbera quedado como hipótese se Albert Einstein non a retomara propoñendo que a luz, en determinadas circunstancias, compórtase como partículas de enerxía independentes (os cuantos ou fotóns).

A unidade, o Universal, Macro e Microcosmos, está cheo de luz e de enerxía. Como xa postulara a Escola Atomista na antiga Grecia, a materia do universo, incluída a que nos conforma, está composta por átomos. Coa física nuclear, no século XX, comprobouse que os átomos poden dividirse en partículas máis pequenas. Tamén sabemos, que os electróns aparecen e desaparecen ao redor do seu núcleo; é dicir, que a materia, tal como a concebimos, non son máis que ondas e partículas.

A "dualidade onda-partícula"  postula que todas as partículas presentan propiedades de onda e de partícula. Segundo a física cuántica, non hai diferenzas fundamentais entre as ondas e as partículas; as partículas poden comportarse como ondas e viceversa (segundo a física clásica, a partícula ten masa e ocupa un lugar no espazo, mentres que a onda esténdese polo espazo cunha velocidade definida e cunha masa nula). Thomas Young (1772-1829), célebre por axudar a descifrar os xeroglíficos exipcios a partires da pedra Rosetta, demostrou mediante o experimiento da "dobre rendixa" a natureza ondulatoria da luz.

Louis-Victor de Broglie, físico francés de principios do século XX, na súa tese doutoral propuxo a existencia de ondas de materia; é dicir, que toda materia ten asociada a ela unha onda (Einstein recoñecería a importancia disto cinco anos máis tarde en 1929). Concluímos que toda materia presenta características tanto corpusculares como ondulatorias comportándose dun ou outro xeito. Esta dualidade onda partícula demostraría como un mesmo fenómeno pode percibirse de dous xeitos distintos. Heisenberg establece o "principio de incertidume" ao amosar que non se pode demostrar a posición dunha partícula, xa que canto máis certeza se busca en determinar a súa posición, menos se coñece a cantidade de movemento lineal e polo tanto, a súa velocidade.

Cada era ten os seus supostos que dá por verídicos. A física cuántica amosa que existen múltiples posibilidades (realidades) ao mesmo tempo na configuración do Cosmos (a Unidade). Coa axuda da historia podemos comprobar como os devanceiros vivían e crían en distintas realidades: Aristóteles propoñía que a Terra se atopaba inmóbil no centro do universo e ao seu redor xiraban o sol e o resto dos planetas. Esta era a visión do universo que se tiña na antiga Babilonia e que foi completada por Ptolomeo no século II na súa obra "El Almagesto" na que introduciu os chamados epiciclos e que perduraría durante varios séculos até que Copérnico, no século XVI colocara ao Sol no centro do universo. 

Hai cousas que damos por supostas que son básicamente falsas e que configuran o noso patrón de pensamento e con elo, a nosa realidade. Existen infinitas posibilidades, pero non somos conscientes delas porque estamos condicionados para ver esta realidade e fixamos a idea de que non temos o control. Debemos ter en conta que podemos chegar a percibir as múltiples realidades que existen a traveso da nosa intuición. A realidade interior crea a realidade de fóra.

 "Son círculos concéntricos e non unha espiral como parece"
"Segundo como se mire, poden verse dous rostros (fondo branco) ou unha copa (fondo negro)"

A intuición é fundamental para crear ciencia, xa que partimos dela para elaborar unha hipótese que nos levará a constrastar datos para verificar unha teoría. Grandes teóricos como Isaac Newton e Albert Einstein en física, Louis Pasteur en medicina, Graham Bell en comunicacións, Benjamin Franklin, etc., serían grandes descoñecidos se non fora pola súa intuición que lles amosou unha realidade nova, distinta á realidade do seu momento; unha realidade que estaba aí, esperando na multiplicidade de realidades que conforman o Universo e que o resto dos mortais non somos quen de percibir.

Recibimos 400.000 millóns de bits de información por segundo, pero só somos conscientes de 2.000 bits que nos aportan información do contorno, do noso corpo e do tempo. A información que reciben os sentidos é procesada polo noso cerebro para darlle forma á realidade. Combinamos patróns seculares fixados nos nosos xenes a traveso da historia, dos arquetipos e do inconsciente colectivo para ver a realidade dun xeito determinado.




No hay comentarios:

Publicar un comentario