APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

jueves, 5 de septiembre de 2013

AS EMOCIÓNS


Grande parte da actividade fisiolóxica implicada nas emocións está regulada polo Sistema Nervoso Autónomo a traveso das súas ramas simpática (excitación) e parasimpática (calma). A emoción é a resposta subxectiva ante un acontecemento e vai seguida dunha descarga neural e hormonal. É unha resposta que nos axuda a adaptarnos ao medio ambiente e que afecta á nosa forma de ser. Ante unha experiencia determinada, a nosa forma de pensar (sistema de crenzas) e a nosa actitude valoran a situación e influen na forma en que a percibimos.

W. James e C. Lange, simultaneamente, pero de forma independente, no ano 1884, propoñen que, diante unha experiencia, o sistema nervoso autónomo crea respostas fisiolóxicas (tensión muscular, bágoas, aceleración do corazón e da respiración...) a partires das que se crean as emocións. Dirían: "Non choramos porque sintamos pena, senón que sentimos pena porque choramos...".

A partires do ano 1920, Cannon e Bard, propoñen que as emocións están formadas polas respostas fisiolóxicas e pola interpretación que nós facemos da situación.

Schacter e Singer (1962), din que a emoción se debe a avaliación que nós facemos do acontecemento, pero tamén ás respostas corporais. As persoas notan primeiro os cambios no seu interior, logo advirten o que ocorre e por último denominan as emocións de acordo co que ven.

Habitualmente interpretamos as emocións das persoas atendendo ás súas expresións corporais, ao ton da voz e ao seu rostro.  Algúns destes xestos están determinados por factores culturais e outros son universais. Pero hai que ter en conta que as expresións faciais aumentan a emoción sentida e mandan sinais ao corpo e aos demais para que emitan unha resposta consecuente.

CATEGORIAS BÁSICAS DA EMOCIÓN

Medo: perigo, inseguridade, incertidume.

Sorpresa: sobresalto, asombro, desconcerto.

Aversión: disgusto, asco.

Ira: rabia, enoxo, resentemento, furia, irritabilidade.

Ledicia: diversión, euforia, sensación de benestar e seguridade.

Tristeza: pena, sentimento de soedade, pesimismo.

O medo é unha emoción que nos axuda a evitar perigos (adaptativa), pero pode resultar traumática e causar trastornos psicolóxicos.

A ira é unha emoción vinculada co enfrontamento de acontementos frustrantes e perxudiciais. Hai que ter en conta que o feito de enfadarnos provoca unha reacción máis intensa de rabia.

A "Felicidade", como emoción sentida, está vinculada a estados de ánimo positivos e a un bo estado de saúde. A súa duración é máis ou menos de vintecatro horas e a explicación pode ser a nosa tendencia a formar xuizos dunha experiencia previa neutral e tamén á percepción de que se está peor ou mellor en relación ao grupo co que nos comparamos de cote.

Existen diversos factores vinculados á "felicidade" sentida como son unha elevada autoestima, a tendencia ao realismo, o apoio social percibido, disfrutar do traballo como unha actividade que nos permite vivir con dignidade (non facer do traballo a finalidade da nosa existencia), utilizar o tempo libre de forma creativa e constructiva, ter un sono de calidade, practicar deporte ou facer exercicio físico e, por último, elaborar unha filosofía que lle dea soporte á nosa vida.

É imprescindible que estimulemos a nosa intelixencia emocional para coñecer e manexar os sentimentos e as emocións, discriminar entre elas e motivarnos para utilizar esas ferramentas para dirixir os pensamentos e as accións.


No hay comentarios:

Publicar un comentario