APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

jueves, 31 de julio de 2014

A ESPERANZA

"No suelen ser nuestras ideas las que nos hacen optimistas, sino que es nuestro talante optimista o pesimista el que hace nuestras Ideas". Miguel de Unamuno 

O sentido de futuro está profundamente arraigado nos seres humanos. Cando somos nenos pensamos como seremos de maiores e de maiores nos ilusionamos facendo plans para o futuro. Pasamos a vida facendo plans sen apenas ser conscentes delo. Todos estes plans, expectativas e ilusións alimentan a  nosa esperanza e nos serven para esquecer ou aliviar a dor existencial que nos producen os acontecementos negativos do noso pasado.

A confianza en que lograremos os nosos anhelos debémoslla a Prometeo, titán creador da humanidade. Por amor, Prometeo quixo dotarnos de luz e coñecemento, pero Zeus non llo permiteu, enfurecido encadeouno a unha rocha e como castigo enviou á terra a Pandora cunha caixa na que se gardaban todos os males. A curiosidade de Pandora ao abrir a caixa, fixo que se liberasen todos os males, expandíndose por toda a terra. Asustada, Pandora pechou a caixa a tempo de que non se liberara a esperanza que nos quedou como consolo.

A esperanza ten que ver co noso pasado. Abrangue as expectativas sobre o futuro e o significado que lle damos ao fado; o destino do xénero humano e a fe en que a maldade, a inxustiza e a violencia non triunfarán e non terán a última palabra.

É unha falacia pensar que planificar o futuro é un elemento fundamental para o noso equilibrio psicóloxico. A sociedade global se nutre desa necesidade humana de anticipar cando xeramos ansiedade. A angustia da incertidume nos invade e nos conmociona quebrando a nosa confianza.

A sensación de inseguridade nos envolve diariamente. A hipocresía política e a corrupción son o pan de cada día. Diariamente recibimos información sobre a morte e a desolación de milleiros de seres humanos. Asistimos impotentes a unha representación na que a economía, as bancarrotas, as débedas , os escándalos de corrupción, a perda dos aforros, a falta de traballo, as enfermedades...e un longo etcétera son unha ameaza constante á que non somos quen de acostumarnos.

Este estado de hipocresía e de abandono de valores humanos que nos invita a mirar para o outro lado cando o "outro" está sendo maltratado e, incluso masacrado, nos desconcerta e desanima contribuindo a un estado xeralizado de indefensión que menoscaba o noso mundo interior e a nosa seguridade.

Nun estado de indefensión, o ser humano está abandoado á súa sorte "nas mans" do sistema nervoso máis primitivo, o sistema nervoso autónomo, que dispara as emocións sen control e se prepara para loitar cun inimigo invisible: o medo.

Este estado de vixianza constante nos impide relaxarnos, interfire na nosa capacidade de relación, inflúe en todos os eidos da nosa vida e incluso nos impide disfrutar do noso tempo de lecer. Ademais debilita o noso sistema inmunolóxico e nos predispón para sufrir doenzas físicas e psicolóxicas. Un estado de alerta prolongado causa trastornos dixestivos, hipertensión, dores xeralizados, agotamiento, tensión nervosa, ansiedade, irritabilidade, mal humor, insomnio, tristeza, aillamento social, pensamentos negativos, dificultade para concentarse, e a moitas persoas as impulsa a buscar alivio no alcol e as drogas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario