APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 29 de julio de 2014

VANITAS VANITATUM OMNIA VANITAS


"El hombre suele entregar la vida por la bolsa; pero entrega la vida por la vanidad". 
Miguel de Unamuno. 


A vanidade é a ansia por sobrevivirse. Precisamos que os demais nos vexan superiores para sentirnos ben e preferimos a mentira achada por nós que a verdade descuberta por otro. Fainos ilusión que a nosa memoria sobreviva por riba da memoria colectiva. Ávidus malae tamae como diría Tácito. Querer prolongarse no tempo e no espacio é como pretender que os ídolos non sexan derrubados pola masa que os encumbra.

A posteridade non é máis que unha sucesión de memorias. Hay quen afirma que no cristianismo primitivo non aparece a fe na otra vida, senon un próximo fin do mundo e o establecimiento do reino de deus. A noción nietzscheniana do eterno retorno é una idea do orfismo e a idea da vida como un periodo de proba (nirvana), forma parte da cultura helénica. O descubremento da morte, a dor, e o sufrimiento, revélanos o camiño da unidade de Deus. 

A idea de inmortalidade foi utilizada por Pablo de Tarso (xudio fariseo helenizado) para establecer como dogma central do cristianismo a resurrección de Cristo. O verbo se fai carne e padece para que o home se faga á imaxe de Deus, é dicir, inmortal. A creación do mundo e a finalidade da redención é salvarnos da enfermidade provocada polo "pecado" e da morte. En Nícea, e máis tarde no Vaticano triunfou a resurrección da carne. 

A preocupación polo pecado é angustiosa, aínda que Inmanuel Kant diga que a relixión depende da moral e non ao revés. Tal vez porque persiste no inconsciente colectivo a concepción xudea e pagán de que o pecado é algo infeccioso. Ao pecar Adán e Eva, o pecado se transmite como unha enfermidade.

Kierkegard identifica a inmortalidade con eternidade. O pensamento abstracto é sub specie aeterni e fai abstracción do concreto, do temporal, do devir da existencia, da inquietude da persona situada na existencia por una conxunción do eterno e o atemporal. A existencia é separación porque alonxa o "pensamento" do Ser, divide ao sujeto do objecto. Existir é estar fóra, diseminado no tempo e no espacio.

O individuo mentres existe xamais topa identidade entre ego, objecto e espíritu. O pensamento xamais alcanzará a inmortalidade. A fe na inmortalidade é irracional pero a razón e a intuición se precisan mútuamente. O coñecemento do espíritu necesita do corazón. Querer é crer, e é tan forte, que sobrepasa á razón. Antes que o racionalismo sempre estará o vitalismo coa vontade ergueita sobre a razón. 

A fin da vida é vivir e non explicar e a razón  e a vida repousan nun engano permanente. A razón nega a conciencia e o escepticismo vital procede do choque entre a razón e o desexo provocando a incertidume. Non podemos definir ao Ser (ou a Deus) porque sería imposible limitalo na nosa mente para explicalo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario