APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

jueves, 31 de julio de 2014

INTERDICTO E NEUROSE

"No hay pesar más desgraciado que la costumbre de permanecer indeciso".  William James


Tabú é unha palabra que os polinesios utilizaban para referirse ao sacro para diferenciala da palabra noa que significaba o ordinario e accesible a todo o mundo. O mundo sacro ten para os pobos denominados "primitivos" un significado antagónico co mundo profano. Son dous estados da conciencia que orientan a conducta cara a bipolaridade. 

Existe unha separación esencial que caracteriza a continuidade entre os seres sacros e os profanos. A inclinación natural do sacro é extenderse sobre o profano pero, o estado que maior poder de acción teña, se impondrá e expulsará ao outro da conciencia.

Existen, nestes pobos, toda unha serie de ritos para encarnar a separación entre un estado e o outro. A súa función era impedir que se mezclaran e que houbera aproximacións indebidas coa fin de gardar o equilibrio e que un estado non invadira o dominio do outro.

Os ritos se limitaban a prohibir determinado tipo de actos cuxa violación se consideraba un desencadeante automático de desordes de todo tipo padecidos por aquel que os infrinxia. Deste xeito, o interdicto pasou a ter unha significación inquietante e perigosa. É o que hoxe entendemos por tabú grazas á interpretación que Freud fixo do mesmo.

Polo contaxio inherente a todo acto sacro, un ser profano non pode violar un interdicto sen que a forza sacra á que se aproxima indebidamente se extenda sobre el, emerxendo desde a escuridade para establecer "o seu imperio", invadindo a conciencia da persona con contidos inusitados e prohibicións ancestrais.

"O inconscente é crepuscular ata a escuridade e dispón dunha morea inconmensurable de datos e estratificacións depositadas no decurso das civilizacións ancestrais". Viviu a vida da familia, a do clan, a da fratría; vive a da sociedade moderna, e vivirá a das civilizacións vindeiras.

O inconscente preexiste sempre e nun mundo bipolar, o ego amosa sempre unha actitude ambivalente diente o obxecto prohibido. Por unha parte, experimenta o desexo de realizar o acto, e pola outra, o medo estampado no seu sistema límbico o reprime. A prohibición é conscente, pero a tendencia interdicta é plenamente inconscente polo que a persoa non se decata e a ignora. É precisamente, esa dobre vertente a que converte á persoa en neurótica. 

A orixe non hai que buscala na experiencia individual, senon nos resíduos da experiencia de toda a humanidade. Trátase de imaxes ancestrais, primordiales, como diría J. Burckhardt. Son a sedimentación de antigas formas de ver e contemplar o mundo, heredadas e perpetuadas polas civilizacións e ligadas a fenómenos de herencia xenética que se manifiestan a traveso de imaxes ou arquetipos e forman o sustrato máis fondo do noso inconscente, enigmático e difícil de descifrar. A maioría das veces non hai na historia da persoa ningún acontecemento que faga comprender ese simbolismo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario