APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

sábado, 2 de agosto de 2014

O ANEMOS




"Lo que se hace consciente es el contenido ideativo del síntoma. La tensión requiere gratificación de la necesidad... "  W. Reich 

O anemos é a enerxía cósmica, o principio espiritual da actividade humana. Vai máis alá do "cerebro reptiliano" de McLean e do "Id" freudiano. A plasticidade neuronal está preparada para adecuarse biolóxicamente ao infinito. 

O home "primitivo" non pertenece a un estadio inferior da humanidade como se pensa, so pensaba e vivía de xeito diferente. O pensamento máxico  é un sistema ben articulado, elaborado, con operacións mentáis difíciles de comprender polo pensamento racional moderno.

Na mente humana quedan no inconscente os vestixios doutras civilizacións que se manifestan no fluxo do tempo de diferentes formas, moitas veces a traveso dos soños e incluso, a traveso das enfermidades mentais. 

A patología é un estado mental que indica que a conciencia do individuo non está en orde ou harmonía. A perda do equilibrio interno se manifesta en forma de síntoma. O síntoma pasa a ser un sinal portador de información que irrumpe na nosa vida e nos obliga a vivir pendentes del. Cando a persoa descubre que o síntoma é un camiño para atopar o que lle falta, recobra a saúde e ao vencer a enfermidade faise máis completo.

W. Reich alude á vinculación funcional entre a naturaleza viva e non viva, aínda que el non se refería a algo místico. A materia non viva procede da enerxía cósmica que acha a súa función a traveso da materia viva e a completa. Segundo Reich, o anhelo de superposición sexual (orgástico) vai sempre unido ao anhelo cósmico e a sensacións cósmicas.

Toda neurose se debe a demandas reprimidas polo ego. Son conflictos sen resolver que inclúen as demandas "primitivas" adquiridas e os desexos e temores que a persoa adquiriu ao longo da súa infancia que se filtran na conciencia con forma de arquetipos ou símbolos. O conflicto se expresa no síntoma neurótico e a solución pasa por traer á conciencia e aceptar o conflicto que permanece no inconscente. 

Segundo o Psicoanálisis, coa catarse o síntoma desaparece se o recoñecemos e o liberamos da represión do ego, pero na actualidade non sucede así porque a estructura do carácter é a cristalización do proceso sociolóxico da época que nos toca vivir e se fundamenta na represión e non aceptación polo ego do que en nós hai de "primitivo".


No hay comentarios:

Publicar un comentario