APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

viernes, 8 de agosto de 2014

O AMOR COMO CAMIÑO

"El mundo es mi representación (...) Cuando el hombre conoce esta verdad estará para él claramente demostrado que no conoce un sol ni una tierra, y si, únicamente un ojo que ve el sol y una mano que siente el contacto de la tierra...". A. Schopenhauer 



Para a razón, que é o principio individuationis, a persoa recibe a vida como un don que sae da nada,  sofre a morte pola perda dese don e volve á nada de onde saíu.  É o Sa Sara, ciclo da vida, o nacemento e a morte, Siva e Lingam. O ser humano non pode facer máis que aprender a ver. Só unha observación atenta vence as resistencias e fai medrar o amor que é preciso para ver a sombra que hai que iluminar.

O dogma fundamental dos vedantas non consiste en negar a existencia da materia, senón en afirmar que a materia non existe independiente da percepción. A existencia e a percepción son conmutables. O principio de razón non é suficiente para explicar o fenómeno en sí, por iso nunca chega á esencia das cousas e so observa as súas relacións. O amor pola fe é o instrumento que transforma a razón en paz interior. 

A razón conducirá á conciencia, pero o amor pola fe transforma a razón en paz interior, en intuición, e en sentimento, que levan á unidade con Deus. O sentido comprensible da nosa existencia é a conciencia do amor e a esta finalidade serve todo o universo. Non hai mirada máis luminosa que a que procede do interior, do coñecemento dun mesmo que fai máis comprensivo o universal. O amor é a mirada que nos descobre a beleza invisible de Deus.

O ser amado é o eixo ao redor do que xiramos a cotío para vivir a aventura do coñecemento compartido sen límites no que se idealiza ao outro, non tanto polo que é, como polo que pode chegar a ser. O sentimiento e, aínda máis o amor, están íntimamente ligados ao corazón. O amor, igual que o corazón, nos activa e nos renova. O amor é o misterio da creación; restaña feridas, sementa concordia e abre a mente á comprensión. 

Nun mundo sumido no desencanto, acostumbrado a volver a mirada ante o sufrimiento e a desesperación, o amor é a verdadeira razón e a relixión necesaria. As bágoas que derraman diariamente os seres que sufren desbordan infinitos océanos de odio e ofuscación.

"...Como yo os he amado, así también os améis los unos a los otros." Jesús de Nazaret 


No hay comentarios:

Publicar un comentario