APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

lunes, 25 de agosto de 2014

MEDO E LIBERDADE

"La libertad no consiste en tener un buen amo, sino en no tenerlo." Cicerón 




Liberdade é a capacidade da conciencia para pensar e obrar segundo a vontade. É polo tanto un anhelo innato da nosa alma, en contra do suposto desexo instintivo de sumisión. A atracción e o sometemento ao líder non son máis que temor. Non existe debilidade fundamental na capacidade de experimentar a vida dunha forma espontánea e amable, aínda que autores como Hobbes consideren a voluntad de poder e a hostilidade como as forzas motrices do ser humano, 

Canto maior sexa o dominio que exercemos sobre a naturaleza, tanto máis nos sentimos inducidos a crear un mundo sometido á razón. Se supoñía que as guerras eran producto da ignorancia do pasado e que as crises eran meros accidentes, pero sabemos que o ser humano leva na sombra forzas inconscentes que poden determinar a conduta con "certa propensión ao mal".

Existen necesidades fisiolóxicamente condicionadas de carácter ineludible como comer, beber, dormir..., ademáis dunha necesidade compulsiva de evitar o aillamento. O primeiro pensamento da persoa é ter un compañeiro na súa desgracia. Sin embargo, canto máis gaña en liberdade, tanto máis sinte a necesidade de unirse ao mundo, na espontaneidade do amor e do traballo creativo, liberando a súa conciencia.

Co proceso de individuación, que nace coa conciencia polar, a partir de que o ser humano se percibe separado da naturaleza, o individuo se sinte inseguro e desorientado. O vínculo que une ao "primitivo" co clan e coa naturaleza desaparece. Só permanece de maneira latente nas primeiras etapas do recén, que sigue formando parte da nai que o alimenta e o coida. Os "outros", integran o universo do neno até que aprende que a nai e os "outros" teñen intereses distintos que os seus.


A forza do ego medra coa individuación e o neno se sente cada vez máis débil e desamparado. Emerxe a soidade e a conciencia de sentirse separado do resto do mundo que se percibe como amenazador e perigoso, creándolle un sentimento de angustia e de impotencia. Os intentos por voltar á unidade condean á persoa á sumisión que aumenta a inseguridade e provoca hostilidade. 

O único método eficaz para combatir a soidade e a angustia é a creatividade e o amor. A liberdade non vai na mesma dirección que o proceso de individuación, senon pola contra, vai cara a unidade e a integración; cara unha nova forma de intimidade e colaboración, na que a adaptación á naturaleza está en harmonía coa persoa. A debilidade biolóxica e a angustia do ser humano son unha condición da nosa civilización.

No hay comentarios:

Publicar un comentario