APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 5 de agosto de 2014

O XENIO E A LOUCURA

"El gran ingenio es pariente cercano de la locura y ambos están separados por una delgada pared". Pope 


A miúdo se dí que o xenio e o louco teñen moito en común e a inspiración poética, ás veces, foi considerada como unha especie de delirio. Según Séneca, mesmo Aristóteles afirmaba que: "Nullum magnum ingenium sine mixtura dementiae fuit". Platón, no Fedro afirma que sen un grao de locura non pode haber un verdadeiro poeta e que, quen ve nas cousas perecedeiras as cousas eternas parece louco. Por último, Goethe, no Torcuato Tasso, nos mostra a constante transformación do xenio en louco.

Do anterior pudera deducirse que toda elevación do intelecto sobre a medida ordinaria constitúe unha anormalidade que predispón á desviación e á loucura. O delirio altera a percepción e a loucura o pensamento e as "lagoas" que provocan se refiren ao ausente e ao pasado e á relación deste co presente. A invasión de contidos inconscentes nos dous casos elimina temporalmente a conciencia. A memoria se esvaece e se rompen os fíos do recordo. Se cortan os lazos que conectan os acontecementos e non é posible establecer relación co pasado. 

No xenio os recordos están preñados de estampas reminiscentes e de fábulas que se converten en ideas fixas no louco que acompañan a súa melancolía ou o seu "fatuitas". Na memoria se mixturan os sucesos; conscente e inconscente se confunden e a memoria da persoa sofre unha profunda amnesia. O pasado se transforma "in abstracto" e so existe para ela.

A Idea da conservación da enerxía de Roberto Mayer contada por Heim ilustra como irrumpe o inconscente no xenio: "...que el nuevo pensamiento de R. Mayer no se desprendió lentamente de los conceptos tradicionales de fuerza, mediante profunda meditación sobre ellos, sino que es una de esas ideas percibidas por intuición, que naciendo en otras regiones de la naturaleza espiritual se apoderan, por decirlo así, del pensamiento y lo obligan a transformar los conceptos tradicionales".

Do mesmo xeito que o louco perde o fío da conciencia e non percibe o mundo da división e as relacións, o xenio esquece o principio de razón suficiente e non busca nin ve as cousas máis que dun xeito intuitivo. Percibe a esencia das ideas e tampouco percibe a relación das cousas entre sí. Os obxectos que contempla, aparecen aos seus ollos con "máis luz", mentres o resto retrocede á escuridade.

O xenio ve en todas partes o extremo, e esa é a razón de que a súa conduta sexa tamén extremada. Parece non atinar coa xusta medida das cousas e carece de moderación. De aí que sexa quen de coñecer tan ben á persoa e tan pouco ás persoas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario