APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

viernes, 8 de agosto de 2014

O TRIUNFO DE BACO

"Puedo disputar con Sócrates, dudar con Carnéades, serenarme con Epicuro, vencer la naturaleza con los estoicos". Lucio A. Séneca 


Parece que é preciso sufrir para vivir. Se así fora, o home debe ser o sanador de sí mesmo descubrindo o remedio que permanece acochado no seu interior. Séneca en "De Providentia" comenza dicindo: "Me preguntas Lucilo, por qué, si está regido el mundo por una Providencia, sobrevienen tantos males a los buenos". 

A cultura occidental converte á razón nun dogma que se opón á vida, ao sentimiento e á intuición. A historia se explica pola vontade de poder, de destrucción e de guerra. É a hermafrodita hipóstase da terra nai que imprime o carácter da bipolaridade amor-guerra. Venus matutino da guerra e vespertino do amor. "Nada é menos propio da persoa chea de ocupacións que o vivir". Eterna busca da divina xuventude. Binomio amor-vinganza na busca da inmortalidade de Utunapistim, Noé babilónico superviviente do Diluvio universal. 

A persoa é útil para sí mesma e por extensión para os demais, pero o desengano político vacía de contido o Zóon politikon. A persoa se fai pola decisión. "...se alguén che apreta a gorxia (...) debes permanecer de pé e loitar aínda que sexa calado". É útil un xesto, un sinal, e, aínda a resistencia no silencio.

O triunfo de Baco, sempre precedido de sátiros, ménades, silenos e machos cabríos foi despoxado de todo ideal. A ingratitude libera a benefactores ricos e poderosos. Pero o tempo de lecer  modela a vida que libera dos proyectos vitais contradictorios; é o noso "opus magnum", a plenitude que xorde no corazón. 

A experiencia do pensar e sentir é a reflexión que induce ao cámbio e leva a estimar a vida, sustraerse da fatalidade e vencer a superstición e a sorte, afirmando a liberdade e o respeto polos demais. Todos levamos un ambicioso que busca as riquezas e o favor dos poderosos e un austero sometido á máis rigurosa sobriedade. Como afirma Tácito, temos unha alma nobre pero mal templada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario