APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 12 de agosto de 2014

"EIDOS" E ARTE



"La fantasía. (...) ensancha el círculo de visión del genio respecto de los objetos que en la realidad encuentra... ". A. Schopenhauer

A orixe da arte é o eidos, o coñecemento das ideas e a comunicación directa con este coñecemento. Mentres a ciencia, seguindo a lei constante do principio de razón está obligada a correr permanentemente sobre un novo resultado sen achar nunca unha meta definitiva que a satisfaga. 


O coñecemento a priori da verdade única, eterna, inmutable e inalterable que se intúe fóra de toda relación, se representa por medio da arte, concebida na pura contemplación. Representa a verdadeira esencia do mundo fóra de toda relación; a idea eterna e permanente de todos os fenómenos deste mundo. 

A arte convirte unha cousa efímera en representante do todo sen equivalente na multiplicidade espacio temporal. Para o artista os obxectos non están sometidos ao principio de razón. Se detén a roda do tempo, as relacións desaparecen, e só queda a idea. 

As ideas so poden ser concebidas prescindindo do principio de razón. É a obxectivación máxima, onde o ego e o desexo desaparecen coa dirección obxectiva do espíritu en oposición á dirección subxectiva do ego. 

O artista se converte nun espectador que se extasía na contemplación intuitiva que emancipa do intelecto; se desprende do ego e se converte en suxeito puro do coñecemento. Mentres dura esta visión, a creación artística ilumina un mundo transparente. "Fixa en pensamentos eternos o que se move vacilante en forma de fenómeno fuxitivo" (Goethe).

Ao artista se lle concede esconder o coñecemento máis aló do que é preciso para non servir ao ego individual e convertir a obra de arte en espello da esencia do mundo. Este "trance" explica a inquietude e o desacougo que sofre rematada a "creación" e  voltar a unha realidade que non logra encher a súa conciencia. 

"...salir de la cueva, para ver el sol cara a cara". Platón


No hay comentarios:

Publicar un comentario