APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

lunes, 4 de agosto de 2014

O MONO ESPIDO

"A menudo escucho que os referís al hombre que comete un delito como si él no fuera  uno de vosotros, como un extraño y un intruso en vuestro mundo. Más yo os digo que de Igual forma que el más santo no puede elevarse por encima de lo más sublime que existe en cada uno de vosotros, tampoco el malvado puede caer más bajo de lo más bajo que existe en cada uno de vosotros.". Jalil Gibrán 



A idea de que a naturaleza humana é egoísta e violenta está tan arraigada na nosa cultura que fai que os actos altruistas, froito da capacidade do ser humano para sacrificarse polos demais pase desapercibida. Semella que o amor e o sexo están inevitablemente ligados á guerra e á violencia neste mundo bipolar que forma parte do noso devir. 

A guerra entre os deuses antecede á humanidade en todas as civilizacións. Na mitoloxía hindú, krsna ven á terra para loitar contra os diaños que asolan á humanidade, en Exipto Osiris (fillo do deus Terra e a deusa Ceos) morre despedazado polo seu irmán como Abel, no artigo testamento e na mitoloxía grega, Afrodita é filla da conspiración e da castración de Cronos. 

Desde que Gea (Terra) seduce a Urano (Ceo) parece que exista un conflicto innato, incluso entre pais e fillos que mantén a división e a polaridade neste mundo. Pero é sen embargo, o amor o que mantén cohesionado todo o que existe.

A vida conscente se nos amosa moi limitada ao cáron do inconscente. Detrás dos nosos actos existen causas ignoradas por todos e que escapan ao noso coñecemento. Existen instrumentos de control social que crean opinión e introducen ao individuo nunha multitude que canaliza os seus intereses e opinións.

As persoas despoxadas da conciencia dos seus actos caen hipnotizadas nun estado de fascinación que lles paraliza a vida cerebral e se converten en escravos dos intereses do hipnotizador. A personalidade conscente desaparece e a vontade e o discernimiento quedan abolidos de tal xeito que os pensamentos e os sentimientos do ser humano son orientados a placer e a persoa se converte nun autómata.

Pero, o individuo que renúncia ao que lle é personal e se deixa suxestionar, faino por amor, pola necesidade de cohesionarse cos demais. É unha proba de amor inconscente e incondicional de altruismo cara a humanidade polo que non se decata de que está sendo utilizado como un instrumento.

Calquera que observe aos membros da comunidade na que vive, recoñece que a grande maioría é pacífica, benevolente, solidaria e posúe un amplo sentido de xustiza. É un feito comprobado que os seres humanos nos ocupamos daqueles que nos necesitan fomentando a reciprocidade e asegurando a supervivencia. Sen embargo a clave non está na milenaria herencia histórica nin en deixarnos subxugar por intereses alleantes.

"Los sabios están en lo cierto cuando juzgan que, en todas las épocas, los hombres se han hecho la ilusión de creer que ahora estamos mejor informados que en ninguna otra época". F. Nietzsche 

No hay comentarios:

Publicar un comentario