APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

domingo, 31 de agosto de 2014

CULTURA POPULAR

"Aquel que mira afuera sueña. Quien mira en su interior, despierta.". C.G.Jung



Sería romántico pensar que nalgún momento a arte foi pura e que o artista so pensaba na coherencia interna da súa obra sen considerar o efecto sobre os espectadores. Pero a arte do teatro non pode separarse da reacción do seu auditorio. Fáise difícil pensar que o lema l'art pour l'art fora acuñado no París do século XIX, cando a literatura se convirteu nun negocio a gran escala. 

As obras de Defoe e Richardson sinalaron o comenzo dunha actitude na produción literaria que conscientemente creou, sirveu, e controlou un mercado. Hoxe a cultura popular xa non está limitada a certas formas, incluso aqueles que se mantiñan á marxe, a poboación rural, por un lado e os sectores "moi cultivados", pola outra, tamén están implicados. O control é tan amplio que calquera violación das regras é estigmatizada. O esforzo se concentra no que poderiamos denominar a ideoloxía da nosa época. Esta ríxida institucionalización transforma a cultura de masas nun instrumento formidable de control psicóloxico que busca co seu carácter reiterativo, as reaccións automatizadas e debilitar as forzas de resistencia individual. 

O anhelo de sentirse seguros se satisface comercialmente. A mensaxe de adaptación e de obediencia irreflexiva parece dominalo todo con prescripcións claras sobre o que hai ou non hai que facer. O legado do significado polimorfo se usurpa para dominar o ánimo dos espectadores en distintos niveis psicolóxicos á vez. A mensaxe oculta é máis importante que a explícita. O primeiro eliminará os controles da conciencia, non se "verá" e non se poderá "esquivar", fundíndose na conciencia do espectador. 

A mensaxe oculta tende a reforzar actitudes convencionalmente ríxidas e pseudorealistas, permitindo que certas gratificacións reprimidas se manifesten en forma de chistes, situacións suxestivas, subidas de tono ou artificios semellantes cuxa tendencia é a de canalizar a reacción do público. É a "Psicoanálise ao revés" de  Leo Lowenthal, é dicir,  usurpar a Psicoanálise para atrapar ao consumidor e poñelo ao servizo de fins pre-meditadas. 

Se un é tan bondadoso, divertido, listo, e encantador como o modelo, non ten que preocuparse porque lle paguen un salario de fame, pode facerlle frente ás súas frustracións por medio da risa. As manifestacións non controladas dos impulsos tenden a provocar risa que é unha das defensas contra o froito prohibido. Deste xeito, a túa superioridade, o teu ingenio e a túa agudeza están por riba das privacións materiais e do resto do mundo. 

É un guión astuto para fomentar a adaptación a condicións humillantes presentar unha persoa cunha posición desmedrada como algo cómico, libre de todo resentimento. É unha mensaxe que non aspira a ser sería, senón tan leve como unha pluma. Cabe preguntarse se estas mensaxes son as proxeccións do inconscente dos autores. Resulta difícil establecer se os espectadores da traxedia grega experimentaron a catarse que describiu Aristóteles. Parece bastante seguro que quenes asistían á representación da Orestíada de Esquilo ou ao Edipo de Sófocles, non tendían á súa "tradución".  



No hay comentarios:

Publicar un comentario