APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

sábado, 23 de agosto de 2014

"O SOÑO DA RAZÓN"

" La razón no me ha enseñado nada. Todo lo que yo sé me ha sido dado por el corazón". Leon Tolstoi 


O feito de percibir ideas eternas que lle serviran ao ser humano como metas, sempre foi chamado Logos (razón) pero a obediencia a Deus foi utilizada sempre como medio para conquistar os seus favores. Hoxe en día, a verdadeira esencia da razón consiste en lograr os medios para alcanzar os obxectivos propostos e como instrumento de todo tipo de dominio. 

O divino da nosa alma consiste na capacidade para concebir ideas e a percepción do ente espiritual é o que permite a contemplación do esencial. A disolución da razón como sustancia espiritual obedece á tendencia cara o neo-positivismo e á instrumentalización do pensamento. 

Os problemas sociais e económicos nos enfrontan coa necesidade de elaborar e levar á práctica principios de humanidad en cuxo nome se levan a cabo guerras e destrucción que botan por terra unha sociedade verdadeiramente humana. Tema exhaustivamente tratado por investigadores e científicos, pero a ciencia nos acostuma a non ver na realidade máis que un conxunto de forzas que podemos dominar. Máis alá da racionalización científica do mundo, é preciso preservar os dereitos da persoa integral. 

O dominio racional está cimentado na legalidade das normas e dos títulos de quenes exercen o dominio e canto máis "racional" sexa a sociedade, máis burocrática e distanciada da persoa. 

Nun mundo despoxado dos seus encantos e cego, a persoa está cada vez máis alienada e condenada a vivir dividida, obrigada a desenrolar unha parte do seu ser para satisfacer as necesidades básicas en detrimento da súa realización persoal. Á persoa se lle arrebata a vontade do seu temperamento converténdoa nun "homo economicus" en función dunha ética imposta e se lle arrebata o poder que se reserva para as clases dominantes, 

Sometidas á competencia permanente e implacable,  as persoas morren "atrincheradas", ameazadas pola competencia económica ou polo "lume das bombas". En tanto que "espíritu cristalizado", a máquina non é neutra, a razón tecnolóxica é a que domina pero pode ser re-utilizada para suprimir a burocracia e o dominio racional anónimo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario