APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

miércoles, 20 de agosto de 2014

AUGA E ALÉN

"...el muerto es devuelto a la madre para que lo vuelva a parir". C. G. Jung 



A imaxe reflexada na auga amosa elementos sensuais e o rostro humano é un elemento de seducción. A auga é o espello no que a persoa busca trasladarse ao espello orixinal, até a auga tranquila da fonte donde nacen a beleza e o amor e onde a sublimación está máis aló do desexo. 

Con Narciso, é o mundo o que mira contemplando o reflexo da súa naturaleza inacabada. Suxeito e obxecto se miran, naturaleza contemplada e naturaleza contemplativa, en estreita relación que conduce a augas profundas, lentas, dormidas, "mortas". 

A auga proxecta o universo no que os astros se renovan e invita a soñar e a perderse nas profundidades buscando o Eidós. Cando se mira a auga se cré sorprendela fabricando a beleza de Ofelia, cuxo nome significa "a que socorre a outros ", á que Shakespeare fixo representar o papel de muller desequilibrada sospeitosa de pecado e que lle ofrece a coartada perfecta a Hamlet, paradigma de home contemporáneo, para redimilo da culpa. 

En canto se fai máis profunda, a auga se fai máis dolorosa, nunha especie de debilitamento melancólico, pasa de ser unha sustancia "bebida" a unha sustancia que bebe e que invita á morte. É a materia da morte "bella", o elemento que garda dormidos, o mundo e a beleza,  fonte de vida e de renovación. 

Sen a imaxe do mundo sensible se esgota a imaxinación. A civilización, filla da auga, proxecta nela as súas fantasías, explica as súas orixes e imaxina os límites do humano entre correntes. A traveso da auga se viaxa ao alén, viaxe que pode á vez fortalecer ou destruír a identidade, preservar ou aniquilar a memoria.

Caronte, barqueiro do Hades que guía as sombras errantes e as almas polas augas estixias, castigado por aliviar a Heracles e que permitiu a Orfeo e a Psique voltar do alén; ser de vértigo,  consagrado á auga permanens, que desvela os segredos do eterno retorno en busca dunha nova linguaxe que desenmascare a retórica, nos renova coa  viaxe  e o fluir da auga que é fonte de vida e de ensoñación. 

"Narciso y las aguas claras:
Que yo, de mi amor enamorado, 
Moriré de mi amor mesmo".

P. Calderón de la Barca. Eco y Narciso 

No hay comentarios:

Publicar un comentario