APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

viernes, 15 de agosto de 2014

STULTIFERA NAVIS

El pensaminento humano (...) es el espectáculo más divertido y más desalentador del globo terráqueo". H. Philips Lovencraft 


A lepra foi considerada ata a súa desaparición a finais da Idade Media como a marca da cólera e  a bondade divinas. O ritual da Igrexa de Vienne dí: "Amigo mió, le place a Nuestro Señor que hayas sido infectado con esta enfermedad, y te hace Nuestro Señor una gran gracia, al quererte castigar por los males que has hecho en este mundo ". 

Desaparecida a lepra, a exclusión se repetirá tres séculos máis tarde cos vagabundos e os "loucos". Os medos seculares resucitan vellos ritos que suscitan de novo o afán de separación, de exclusión e de purificación. 

Co Renacemento aparece en escea a "Nave dos loucos " que navega polos ríos de Renania e as canles  flamencas. Os renacidos "argonautas" se embarcan na súa viaxe imaxinaria na busca do fado para darlle forma á súa verdade.   A auga purifica e a navegación os libera da incertidume. Parten para o alén de onde proceden, prisioneiros na máis libre e aberta das rutas, sólidamente encadeados á encrucillada infinita. 

Xa Tristán, disfrazado de louco arribara nas costas de Cornualles, ninguén o recoñece porque dí cousas extrañas, coñece os segredos do ben coñecido para non ser doutro mundo. Para os místicos do século XV a alma é como unha barca abandoada nun mar infinito de desexos,  campo  esteril de preocupacións e de ignorancia, en pleno centro da sinrazón humana, presa da loucura do mar, se non é quen de botar a ancla e abrazar a fé para que o soplo de Deus a conduza a a bo porto. A mar, orixe da vocación demoníaca, melancólica e fría que amosa a inestabilidade do tempo, xerme e morte de todo o que existe en oposición á estabilidade luminosa do espíritu. 

A loucura ocupa o centro do teatro como posuidora da verdade, e na literatura sabia ocupa o centro da razón e da verdade. Embarca a todos no seu navío insensato resoltos a enrolarse nunha odisea común. Reemplaza a finais do século XV á morte, pero o que a morte desenmascara non é máis que máscara, é o mesmo sorriso da máscara vana e o louco rise por adelantado da morte. 

A sustitución da loucura pola morte é o triunfo da nada como forma contínua e constante da existencia. Pero xa non é a fin do mundo e dos tempos a que amosará que o home está tolo, senón que a verdadeira loucura invadirá o mundo nunha catástrofe que a demencia humana lle chamará necesaria. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario