APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

viernes, 29 de agosto de 2014

A GRAN ILUSIÓN

"La democracia no puede ser a la vez ignorante  y libre". Thomas Jefferson 



A  gran promesa do progreso ilimitado, de dominar a naturaleza, de abundancia material, da maior felicidade para o maior número de persoas, e de liberdade persoal sen ameazas, mantivo a esperanza e a fe da xente desde a época industrial. O progreso industrial fíxonos crer que a técnica nos faría omnipotentes e que a ciencia nos volvería omniscentes. Os homes e mulleres crían ter un sentimento novo de liberdade e que eran os amos das súas vidas.

Pero o capitalismo non pode cumplir a súa promesa e a satisfacción ilimitada dos desexos non produce benestar. O soño de sermos amos das nosas vidas rematou cando comprendimos que non eramos máis que engrenaxes da gran maquinaria burocrática, que o progreso económico se limitaba  a unha pequena parte da poboación, e que os países ricos cada vez se distanciaban máis dos países pobres. 

Na medida en que o poder das persoas aumenta,  se converten en "pobres homes" inhumanos e sen conciencia. Este tipo de persoas so buscan como Aristipo o máximo pracer como meta da existencia humana, pero como as necesidades están enraizadas na naturaleza humana,  os praceres son momentáneos . 

O hedonismo radical do capitalismo baséase no consumo de bens e uso de servizos ilimitado. Este hedonismo radical non conduce á felicidade por iso na nosa sociedade vivimos sós, angustiados e deprimidos. Somos destructivos e dependentes e nos alegramos cando podemos matar o tempo que aforramos con tanto traballo. 

O capitalismo fomenta o ego-ísmo que axuda a forxar o carácter do "todo para mín" na busca ilimitada de pracer. Pero nunca está satisfeito porque os desexos non teñen límite. O capitalismo cambia a conduta ética pola lei da necesidade económica; o sufrimiento das persoas e a quiebra das pequenas empresas para beneficio dos grandes lobbys debe aceptarse como lei natural. 

A pregunta: qué é bo para as persoas?, deixa de ter sentido e se troca pola de: qué é bo para o sistema?. Trátase de convencer de que o egoísmo necesario para alimentar o sistema, é unha cualidade innata da naturaleza humana, e que as sociedades que non son egoístas son primitivas. 

Sen embargo, os recursos son limitados e a naturaleza busca o equilibrio loitando contra a rapacidade humana. O capitalismo desprecia a naturaleza e todo o que non estea ao servizo do lucro e converten os rasgos do carácter das persoas en rasgos patóxenos que á larga acaban enfermando á persoa e por extensión a toda a sociedade. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario