APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

sábado, 30 de agosto de 2014

SER VS POSUIR

"Para  vivir una vida desprendida, no debemos considerar nada como de nuestra propiedad". Siddartha Gautama 




Cando se dí de alguén que "vale un millón de dólares" para dicir que ten un millón de dólares, parece que a esencia de ser consiste en ter. Buda ensina que para alcanzar a etapa máis elevada do desenrolo humano, non debemos anhelar posesións. Jesús dí: "...qué aprovecha al hombre, si se granjeara todo el mundo, y se pierda él a si mismo...?. Eckhart ensina que "...non permitirlle ao ego ser un estorbo no noso camiño, é a condición para lograr a saúde e a forza espiritual... ". E, por último, Marx manifesta que o luxo é un defecto, tanto como a pobreza, e a nosa meta debe consistir en ser moito, e non en ter moito. 
A diferencia entre ser e ter está, fundamentalmente, nunha sociedade interesada polas persoas e outra interesada polas cousas. A orientación a ter é característica das sociedades occidentais, nas que o afán de lucro, fama e poder, son o problema que domina a vida das persoas. A persoa occidental non pode comprender o espíritu dunha sociedade que non estea centrada na propiedade e na codicia. 
Ser constitúe unha sustancia permanente, intemporal e inmutable, oposto a devir tal como o expoñen Parménides e Platón. Sen embargo  ter está máis vinculado á existencia como proceso, tal como a expoñen Heráclito e Hegel e que está relacionado co concepto da vida como un proceso kármico do hinduísmo, o budismo e o jainismo. 
A educación converxente educa para reter, non para comprender. As escolas fabrican paquetes de coñecementos cuxa propiedade está vinculada ao prestixio social sen ter en conta a creatividade da diverxencia. Na aprendizaxe do proceso de ter, a meta é reter o aprendido, mentres que na de ser, o "recipiente" vacío de palabras e ideas se troca por unha actitude de escoitar e captar dun xeito activo e productivo. O que escoita estimula o pensamento, algo vital para que a memoria recorde a conciencia do ser. O coñecemento comenza coa conciencia do engano dos sentidos, coa desilusión. O concepto freudiano do coñecemento dun mesmo se basea na idea de destruir as ilusións. 
O occidental sustituíu a incorporación simbólica e máxica pola incorporación material. A actitude inherente ao consumismo é a de devorar (incorporar) a todo o mundo, posuílo para aliviar a angustia vital. A fe do ter, é a fe a fórmulas creadas polas que o individuo acepta o sometemento a unha burocracia que alivia da farragosa tarefa de pensar por un mesmo e de tomar decisións. Por qué non aceptar a certidume se só require renunciar á independencia. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario