APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 19 de agosto de 2014

AETERNITAS

"Que dicha que también ahora haya tenido la inspiración de que el tiempo no existe. Sólo el tiempo separa al hombre de lo que anhela". Hermann Hesse 




Imaxinamos o curso do tempo como unha liña recta que por un lado descorre en dirección ao pasado e polo outro cara ao futuro. Sen embargo, pola xeometría de Riemann sabemos que en realidade non existen as liñas rectas, debido á curvatura esférica do espacio, toda liña recta se a prolongamos ata o infinito, acaba por convertirse nun círculo. Polo tanto, en realidade, cada liña recta é un arco dunha circunferencia. Isto quere dicir que pasado e futuro se atopan ao pecharse o círculo; é dicir, que sempre vivimos cara o noso pasado e o noso pasado está determinado polo noso futuro. Todo se une na eternidade, a materia, o movemento e o tempo existiron sempre e existirán eternamente, 

O ser humano contempla a vida no contexto "sempre-cando-entón". Pero en campos de espacio-tempo moi pequenos da orde de magnitudes de partículas elementais, o espacio e o tempo se esvaecen, de tal xeito que, nin os conceptos de antes e despois poden definirse. A estructura de espacio-tempo non pode modificarse pero, en apariencia, determinados procesos descorren inversamente á súa orde causal. Se imos en dirección oposta, perdemos a diferenciación entre espacio e tempo, entre o antes e o despois, ata que a separación acaba por desaparecer. É o punto que todo o abarca, o que todos chamamos a "nada". Atravesar o velo de Maja, o  engano, é o requisito para contemplar a unidade. 

Newton relaciona a eternidade con Deus. Para a teoría da relatividade, o universo e o tempo é relativo ao observador de tal xeito que pasado e futuro poderían cohexistir no presente. Einstein calificaba o tempo de "ilusión pertinaz". Para Brian Greene "El tejido del cosmos", pasado presente e futuro deben entenderse como un todo que exclúe fronteiras. Stephen W. Hawking partindo da relatividade xeral e a mecánica cuántica,  chega á conclusión de que "...O universo (...) non ten fronteira (...) non sería creado nin destruído. Simplemente sería. ". Para Roger Penrose unha partícula sen masa pode "alcanzar a eternidade".

O samsara budista, o neheh exípcio, a negación do tempo de Parménides, emanación da divinidade para Averroes, visión circular interminable de Giambattista Vico. Para Ernes Renan a persoa pode vivir sen eternidade pero é preciso que crea nela e para Wittgenstein vive eternamente quen vive no presente: "Nuestra vida es tan infinita como ilimitado nuestro campo visual". Según Heidegger, "...Cuando el filósofo plantea la cuestión del tiempo, (...), entonces está dispuesto a comprender el tiempo (...) a partir del siempre, concepto que se presenta como eternidad".

"Esta es la nostalgia: habitar en la onda
y no tener patria en el tiempo.
Y éstos son los deseos: quedos diálogos
de las horas cotidianas con la eternidad". R. M. Rilke

Os números e as súas relacións existen con independencia do tempo, pero o ser finito non comprende a eternidade porque non é quen de aprehender o infinito. Linguaxe e perspectivas de coñecemento, interpretación e procesamento secuencial. Mundo polarizado por hemisferios cerebrais que explican o fenómeno pola causalidade, a lateralidade e a linealidade con consecuencias que comenzan a apreciarse.

"Nuestro espíritu es un ser de naturaleza indestructible, es algo que obra de eternidad en eternidad. Es como el sol, que sólo a nuestros ojos terrestres parece ponerse, pero que en realidad nunca se pone, sino que sigue luciendo eternamente. " J. W. Goethe

"...y el Siddartha niño sólo estaba separado del Siddartha hombre y el Siddartha anciano por sombras, no por causas reales (...) Nada fue ni nada será, todo es, todo tiene ser y presente." H. Hesse: "Siddartha".



No hay comentarios:

Publicar un comentario