APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

sábado, 16 de agosto de 2014

MORFEO

Estamos hechos de la misma matería que los sueños y nuestra pequeña vida termina durmiendo". W. Shakespeare 



O fillo da noite, castigado por Zeus por amosarlle os segredos da vida aos humanos é o demiurgo que lle dá forma aos soños que nos axudan a esquecer a dor, as preocuoacións e as inquietudes da vida.

Morfeo toma a forma de Céix para protexer a Alcíone e amosarlle o camiño que xa está debuxado. Símbolo e imaxe do inconscente atemporal, liberado da razón, produce sen cesar o material que alimenta o mundo crepuscular para saír á luz, proxectarse cara o futuro e anticipar os acontecementos pola reminiscencia do pasado.

Fundidos no ADN, a través do soño, pasado, presente e futuro, cobran sentido con mensaxes reminiscentes.  Flúen as verdades ineludibles, as desenfrenadas fantasías, as vidas pasadas, as premonicións, as experiencias e as visións transmitidas telepáticamente. A linguaxe dos soños é tan complexa como a conciencia do soñador e o soño se converte nunha unidade autónoma onde verdade e falsedade se esvaecen.

Morfeo viaxa a través do tempo dándolle forma aos soños; está por riba do ego porque reúne en sí todas as formas.  É a proxección intermitente da memoria nun espazo sen dimensións, fóra do tempo, donde, pasado, presente e futuro se funden na unidade da nosa conciencia.

Morfeo a traveso do soño lle dá forma á unha mensaxe cifrada de orixe crepuscular. Oniromancia milenaria que incorpora crenzas e organización social. Vehículo da expresión divina. Comunicación sobrenatural pitagórica e mantra estoica que confirma á providencia e o fado. Para Posidonio a simpatía era a unión entre a alma e o ser sobrenatural e o acceso á  dita vía se producía polo delirio profético, o soño e a morte. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario