APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

miércoles, 6 de agosto de 2014

VIDERE EST CREDERE

"Nuestra ciencia comparada con la realidad, es primitiva e infantil; aun así, es la cosa más preciada que tenemos ". A. Einstein 



Os pobos "primitivos" percibían o mundo poboado dun infinito número de seres espirituais. A naturaleza que percibimos como inanimada cobra vida a través da cosmovisión animista. O animismo se nos presenta tamén como unha teoría dos seres espirituais e as representacións da alma. Pero o animismo non explica os fenómenos particulares, senón que permite ver o mundo como unha totalidade 

O temor e a fe son os dous polos dunha mesma forza. A fe é convicción e seguridade. Fracasamos cando deixarnos de crer. A maioría das solucións aos nosos problemas residen no noso sistema de crenzas. A homeopatía e incluso a medicina teñen un compoñente importante de crenza, de placebo. 

O principio sobre o que repousa a acción curativa reside en nós mesmos. A traveso do sistema de crenzas poñemos en marcha mecanismos psicofísicos que orientan a bioquímica do noso cerebro protexendo o noso corpo e orientando a nosa conduta. O principio sobre o que repousa a acción da máxia é evidente por moito que sir E. B. Taylor propoña que non é máis ca tomar por erro unha relación real por unha relación ideal. 

Os nosos devanceiros cazaban máis e mellor se representaban a caza mediante ritos e danzas (Altamira). Nas illas de Java, cando se acercaba o momento da floración do arroz, os labradores e labradoras ian polas noites aos campos coa fin de estimular, mediante o exemplo (rito sexual),  a fecundidade dos mesmos e garantizar unha boa colleita. 

O feito de que a dimensión espacio temporal non signifique un obstáculo para a eficacia de tales actos reside no sistema de crenzas da persoa. Frazer denominaba este tipo de prácticas maxia homeopática. Plinio, na "Historia natural" aconsella que cando nos arrepentimos de causar mal a alguén, debemos escupir a man que causou o mal, e este acto calmará de inmediato a dor da víctima. 

Os "primitivos", percibían de forma diferente porque sentían unha grande confianza no poder da mente e da vontade. Cren que ambas son suficientes para cambearlle a faz á terra. Na fase animista do pensamento se evidenciaba a situación real, pero de nada sirve invocar se non se ten fe porque a forza "máxica" do acto permanecerá sendo ineficaz.

O principio que rixe a maxia é o da omnipotencia do pensamento sobre a realidade. O predominio dos procesos psíquicos sobre a realidade mostran unha ilimitada influencia sobre a vida afectiva das persoas. Isto, baixo o prisma da Psicoanálise freudiana non sería máis que unha demostración da proximidade entre o neurótico e o salvaxe porque ambos cren, según afirma Freud, poder transformar o mundo coas súas ideas. Acaso non é a idea o fundamento da hipótese e, transformada en teoría, logo de ser refutada ou aceptada, o fundamento da tan aclamada ciencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario