APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 19 de agosto de 2014

ANGUSTIA

"Con  que angustía de perder y conservar se agarra el hombre a esta vida". 
S. Kierkegard


A angustia é anterior ao pecado, nace pola liberdade de rexeitar o prohibido e pola presunción do pecado hereditario que nos conduce dun estado de conciencia inmediata a outro de reflexión e nos anticipa a posibilidade de pecar. É, en definitiva, un plan que está en proxecto permanente. Na pena a persoa queda ligada á causa que a provoca, mentres que na angustia é quen de pensar na pena. "A angustia é unha antipatía simpática e unha simpatía antipática ".

Por  medio da angustia a persoa se relaciona coa amenaza constante e descobre o seu ego bipolar, dualidade materia-espiritu que se unifica na alma e mantén a síntese do heteroxéneo, onde o temporal se une co eterno. É a renuncia da liberdade polo pecado ante a posibilidade do ben que nunca se concreta. O verbo, a palabra, é a que redime e a angustia se convirte en falta de liberdade ante a pulsión da vontade.

A angustia anticipa o futuro porque  permanece no pasado. O obxecto da angustia é a liberdade de elixir ante a posibilidade da "nada". É a angustia demoníaca contra a posibilidade de redención e de salvación que reside máis alá do ben e do mal, no pecado orixinal. Dialéctica corrosiva do arrepentimento e de resistencia á liberdade ante a posibilidade do "ben".

O ser humano se enfrenta ao heteroxéneo e á historia para facerse a si mesmo.  O que se ve a si mesmo, se  coñece e penetra na conciencia para poder elexir,  mentres que o que vive ins blaue hineim non pode retroceder e arrepentirse. Coa conciencia do pecado, o individuo queda alienado. A realidade histórica do individuo choca coa realidade do pecado e éste ten que renunciar á liberdade para contemplarse a si mismo como un individuum e á vez como toda a humanidade.

A historia acentúa os conceptos de antes e despois e até que se comprenda que a historia comenza no instante en que o individuo é conscente de sí mesmo e da falta de liberdade, existirá a angustia como posibilidade de perdelo todo e de pecar e o ser humano non achará descanso nin reconciliación. 

"Y Dios le dijo (a Abraham): Toma a tu hijo Isaac a quien amas  y vete a la tierra de Moriah y ofrécelo en holocausto sobre uno de los montes que yo te diré." Génesis 22:1-2

No hay comentarios:

Publicar un comentario