APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

domingo, 31 de agosto de 2014

CUADROS PARA UNHA EXPOSICIÓN

(I) Se te preguntas ¿que é amar...?


    Amar é a unión coa fonte permanente da vida que está máis alá das formas, das palabras, e do pensamento;
   comeza polo afecto cara un mesmo para logo expandirse cara ós demáis.
  Amar cun amor incondicional, maduro, desapegado e independente que brilla a medida que se vai mutando e se despoxa do odio e a xenreira;
 é a resposta á existencia humana;
 o retorno á unidade.

 Sen amar se está separado, aillado e só, nunha soedade que provoca a angustia
  da polaridade, fonte de división, de vergoña e de culpa;
aliviar a soedade se converte nunha imperiosa necesidade por eliminar a distancia co amado para facela mínima ata fundirse con el nunha tendencia que elimina as diferencias. 

 Amar é un estado de permanente exaltación no que desaparecen a rutina e con ela a angustia e a división.
    No amar os sentidos se calman para percibir a intensidade dun universo no que o mundo se esvaece e con el a polaridade, a vergoña e a culpa pola separación da harmonía orixinal que coma un orgasmo provoca un estado similar ao de trance.

   Amar é un amor sen condicións, desinteresado; un amor que non precisa ser amado porque se nutre coa sístole e a diástole do corazón.
Non esixe reciprocidade nin xera expectativas que alimenten celos, culpas e reproches.
    É un amor espontáneo; un amor total. Non atende ás feridas, ás fisuras, nin ás caréncias;
 un amor que ama ás persoas, non polo que  aportan, polo que son.


Autor: Alfonso Iglesias Zamar 
Compostela, 25 de xullo de 2015 

No hay comentarios:

Publicar un comentario