APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

domingo, 3 de agosto de 2014

O ARQUETIPO DO MAL E A PARANOIA


Cómo has caído del cielo hijo de la aurora! Has sido abatido a la Tierra dominador de naciones! Tú decias en tu corazón: "Escalaré los cielos, elevaré mi trono por encima de las estrellas de Dios; Me sentaré en el monte de la divina asamblea, en el confín del seteptrión escalaré las cimas de las nubes, seré semejante al Altísimo". 


Lucifer significa o portador da luz,  aquel que outorga o coñecemento e a liberdade por comparación con Prometeo. O nome provén do latín lux, luz e fero, traer. Na mitoloxía romana equivale ao grego Eósforo portador da aurora,  a estrela matutina, o luceiro da alba. Sen embargo, para o xudeo cristianismo é a sombra do logos, o divino tentador, o anxo caído, exemplo de beleza e sabiduría que remata no inferno con satanás co que é confundido.

A idea do diaño é unha das distorsións da naturaleza do home. Satanás, como naturaleza pervertida da persoa, comprende o dominio dos impulsos perversos e antisociais. Na súa forma máis pura, a paranoia parecera unha mixtura de "misticismo" e "inferno emocional" que penetran na persoa a traveso dunha particular visión de Deus e da moral; da cordura do xenio e da "demencia" máis profunda. As fases iniciais da esquizofrenia paranoide se caracterizan por ideas extrañas, "experiencias místicas", ideas de persecución e alucinacións, perda do sentido "fáctico" da linguaxe en relación co imaxinario e, básicamente, por unha lenta desintegración do "yo".

O paranoico percibe como unidade o que se mantén cuidadosamente separado na persoa "normal". A diferencia está en que as funcións están ordeadas de forma non lóxica. Esta clara distinción entre un universo simbólico e a "normalidade" da razón social é o instrumento que prescribe a sociedade como ferramenta para a seguridade e "correcto" funcionamento social. 

O paranoico é máis bondadoso e honesto que a persoa "normal". É honesto até a molestia e está en contacto permanente cos acontecementos; é profundo, ve a traveso da hipocresía que non esconde e posúe un marcado carácter afectivo emocional.

O inconscente non obedece a dimensións espacio temporais e reproduce na psique (alma) do paranoico experiencias ancestrais que son bloqueadas por completo pola conciencia da persoa "normal".  A honestidade no paranoico é ancestral mentres que as emocións e as experiencias profundas da persoa "normal" obrigan a escavar moito ates de que estea disposta a deixar "ver" con franqueza o seu interior. 

Se a persoa "normal" sostén que a autorealización e a verdade son as metas máis elevadas do ben individual e da vida social, debería estar máis disposta que o "louco" a manifestar o seu interior. A persoa "normal" bloquea o anemos (enerxía cósmica) mediante unha ríxida coraza ao redor do ego. Sen embargo, no paranoico a coraza se desintegra e o inconscente inunda á persoa de experiencias profundas para as que non está preparado psicolóxicamente. 

O místico, próximo ao paranoico desde o punto de vista estructural, é quen de captar algúns dos fenómenos que rodean ao paranoico e penetrar no que para calquera persoa "normal" é inaccesible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario