APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

miércoles, 30 de julio de 2014

A SEXUALIDADE

"El sexo es una trampa de la naturaleza para no extinguirse". F. Nietzsche 

O amor e o sexo están profundamente arraigados na mitoloxía da civilización occidental. A vida vese como unha especie de redención, ben porque carecemos de iluminación, porque temos que desprendernos do karma ou porque nacimos baixo o pecado orixinal. Novalis diría que a vida é unha enfermidade do espíritu e polo tanto, unha desgraza.

Unha civilización machista, que lle outorga ao "feminino" o papel de inductora e instigadora do mal, debe aceptar que, curiosamente, a muller sexa o instrumento da vontade de vivir, con ela se inicia o eterno feminino e a traveso dela, a naturaleza crea o devir.

A división e a polaridade transmítense a traveso da sexualidade porque o home experimenta a súa "carencia" e busca completarse para permanecer nun estado de conciencia máis puro que asimila cun estado de felicidade. Busca manterse na unión dos polos opostos, na éxtase da felicidade; anhela volver á unidade.

A sexualidade contén o esquema básico do camiño, a unión dos polos na unidade, a conjunctio oppositorum. Pero a sexualidade ofrece unha felicidade transitoria que so dura un momento e logo perece. Sen embargo, este estado de conciencia pode liberarse unindo os dous polos na mente (alma); é dicir, a traveso do amor, que é atemporal.

A teoloxía cristiana denostou o corpo e o sexo de tal xeito que nós, herdeiros desa tradición, permanecemos no antagonismo irreconciliable entre o sexo e o espíritu e por extensión, entre o corpo e a alma. Confunden transmutación con represión e isto acarrexa graves consecuencias para o desenrolo armónico dos seres humanos.

Resulta comprensible que Freud relacione todos os problemas coa sexualidade. Pero a sexualidade non é máis que unha das formas de expresión da polaridade. C. Jung atribue á polaridade a maioría dos problemas da humanidade e á súa tentativa de unir os dous polos na unidade.

A maioría dos seres humanos anhelan descubrir, experimentar e resolver os seus problemas a traveso do sexo e aquel ou aquela que teña problemas sexuais, nada resolve coa fuxida. A polaridade sol e lua, lume e auga, masculino e feminino non implica valoracións. Cada polo por si so, está incompleto e precisa do outro polo. sería inútil que a auga se queixara por non arder. O lume renuncia a non arder para "crear vida" ao axuntarse coa auga. Entregarse non é doado porque esixe a renuncia do "yo" polo "nós" e que desapareza o predominio do ego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario