APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

lunes, 19 de mayo de 2014

INTELIXENCIA, AMOR E TEMOR

"...la incertidumbre que destruye el conocimiento simplista, es el desintoxicante del conocimiento complejo". Morin.



Leonardo da Vinci dicía que "saper vedere" (saber ver), era a forma de descubrir e crear algo novo. Intelixencia ven do latín inter (entre) e legere (escoller). A intelixencia creadora é a capacidade de facer visible a complexidade para poder elexir recrearse creando o mundo. É a capacidade de tranformar o simple en complexo. O pensamento complexo non despreza o simple, senón que critica a simplificación.

A palabra complexidade ven da latina complectere cuxa raiz plectere significa "trenzar, enlazar" que co prefixo com- engade o sentido de entramado que tece a bipolaridade, os elementos opostos. De aí que complectere se utilice tanto para a loita entre opostos como para o "entrelazamento" dos amantes. A unidade é complexidade e é multidimensional. O ser humano ten unha dimensión biolóxica, psicolóxica, social, afectiva e racional...

O homo sapiens é tamén homo demens. A psiconeuroinmunoloxía amosa como o corpo e a mente están íntimamente relacionados, de tal xeito que o estrés e a dor emocional nos deixan máis vulnerables diante as enfermidades en xeral (físicas e psíquicas), mentres que os eventos emocionais positivos e intensos poden causar transformacións positivas profundas nas nosas mentes. 

O egocentrismo é un dos obstáculos principais para a comprensión da unidade. Cultiva a self-deception, ou autoengano xerado pola xustificación e a tendencia a adxudicarlle aos demais a causa de todos os males. A alimentación do etnocentrismo e o sociocentrismo alimentan xenofobias e racismos até o punto de retirarlle ao estranxeiro a cualidade de ser humano. Restrinxir o coñecemento do complexo a un dos seus elementos considerándoo o máis significativo ten consecuencias moi negativas na comprensión da complexidade. 

A intelixencia complexa creadora se desenrola durante toda a vida e vai acercándonos á sabiduría: saber ver a invisible complexidade para poder elexir recrearnos creando o noso universo. Existe un potente virus que destrúe todo o sistema operativo da nosa intelixencia creadora e nos incapacita para acadar a sabiduria: o medo. Non podemos deixar que o medo secuestre o noso pensamento complexo. O antivirus que combate de xeito radical o medo é o amor incondicional que nos capacita para comprender a unidade e nos dá confianza en nós mesmos. 

"Estoy convencido de que el amor incondicional es el más poderoso estimulante que se conoce del sistema inmunológico. Si yo dijera a los pacientes que elevaran sus niveles en sangre de inmunoglobulinas ninguno sabría como. Pero si soy capaz de enseñarles a amarse a sí mismos y a los demas, esos mismos cambios se producen automáticamente. La verdad es que el amor cura". (S.B. Siegel, 1995)

No hay comentarios:

Publicar un comentario