APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 6 de mayo de 2014

A PERSONALIDADE AUTOTÉLICA

"No hay ninguna razón por la que no se pueda enseñar a un hombre a pensar". F.B. Skinner


A palabra autotélico procede do grego auto (si mesmo) e telos (finalidade). A personalidade autotélica significa "a persoa que ten metas autónomas" e é quen de transformar as experiencias negativas en fluxo vital positivo. Este tipo de persoas traducen fácilmente as ameazas potenciais en desafíos agradables. A persoa autotélica non se aburre, rara vez está ansiosa, séntese implicada co que fai e permanece frecuentemente no fluir da vida.

A actividade autotélica ten unha finalidade en si mesma. Non se realiza para obter un beneficio material, senón pola satisfacción que produce en sí mesma. Un non pode disfrutar facendo o mesmo ao mesmo nivel durante moito tempo. Sentiriamonos frustrados e aburridos. A medida que van medrando as nosas habilidades debemos aumentar o nivel dos nosos retos. Para ter a sensación de fluir debemos adicarnos a actividades que requiran concentración, tentar que haxa equilibrio entre as metas e as habilidades que temos e sentir que temos o control.

Para a maioría das persoas as metas veñen determinadas polas necesidades biolóxicas e polas convencións sociais. A súa orixe está fóra da súa personalidade, teñen unha personalidade "exotélica". As actividades autotélicas levan a vida a outro nivel. A alienación deixa paso á involucración, o disfrute reempraza ao aborremento, a impotencia convértese en sentimento de control e a enerxía psíquica flúe para reforzar a personalidade. 

A investigación induce a pensar que as persoas que son capaces de fluir coa vida, teñen a habilidade de reducir a actividade mental nas canles mentais que non están implicadas na actividade á que adican a súa enerxía psíquica. A diferencia entre alguén que disfruta da vida e alguén que está abrumado por ela é unha combinación de factores externos e a forma en que a persoa os interpreta. Compre non ver os retos como ameazas. 

É unha paradoxa que na nosa sociedade o tempo de lecer fracase ao traducirse en tempo de pracer e disfrute. Para ser quen de transformar os sucesos aleatorios hai que desenrolar habilidades e fomentar a educación emocional. A motivación intrínseca permítelle á persoa aprender durante toda a vida. A personalidade autotélica é quen de darlle un sentido á vida e enchela de significado. 

As metas claras, a retroalimentación (resposta inmediata ás propias accións), o equilibrio entre dificultades e habilidades, a concentración e atención máximas, distorsionan o tempo, liberan a conciencia e fan que a actividade teña un sentido en sí mesma 


No hay comentarios:

Publicar un comentario