APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 6 de mayo de 2014

A INTELIXENCIA EMOCIONAL

"Solo hay dos días al año en que no se puede hacer nada. Uno es ayer y otro es mañana..." Dalai Lama


Para Salovey e Mayer (1990) a intelixencia emocional consiste na habilidade para manexar os sentimentos e as emocións , discriminar entre elas e utilizar estes coñecementos para dirixir os propios pensamentos e accións. Goleman que divulga posteriormente (1995) este concepto, considera que o CE (coeficiente emocional) pode sustituir no futuro ao CI (coeficiente intelectual) xa que éste non é un bo predictor de éxito na vida. 

O CI non dí nada de cómo unha persoa é quen de reaccionar diante as vicisitudes da vida. Os que teñen "éxito" se diferencian nas súas habilidades, presentes desde a infancia, para dominar a frustración, controlar as emocións e interactuar con outras persoas. A correlación entre coeficiente intelectual e benestar emocional é baixa ou nula.

A intelixencia emocional é unha das habilidades da vida; unha meta-habilidade que determina en qué medida podemos utilizar outras habilidades que posuímos. Consiste en coñecer as propias emocións. O principio de Sócrates "coñécete a ti mesmo" fálanos disto. É, ter conciencia e recoñecer un sentimento no momento en que brota. Ùnha incapacidade neste sentido déixanos a merced das emocións incontroladas. Ademais, a habilidade para manexar os propios sentimentos a fin de expresalos de forma axeitada e a habilidade para suavizar as expresións de ira, furia ou irritabilidade é fundamental nas relacións interpersoais.

A emoción tende a impulsar á acción. Por iso as emocións e a moticación están íntimamente relacionadas. Encamiñar as emocións e a motivación cara o logro dos obxectivos é esencial para prestar atención, auto-motivarse e manexar e realizar actividades creativas. O autocontrol emocional leva consigo a demora das gratificacións e o dominio da impulsividade.

É fundamental recoñecer as emocións dos demais. O "don de xentes" fundamental é a empatía que é o fundamento do altruismo. As persoas empáticas sintonizan mellor cos sutís sinais que indican o que os demais precisan ou desexan. A arte de establecer boas relacións e a competencia social son a base da eficiencia persoal. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario