APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

lunes, 19 de mayo de 2014

RESPIRACIÓN E EMPATÍA

"En la respiración hay dos mercedes,
una inspirar, la otra soltar el aire,
aquella colma, esta refresca,
es la combinación maravillosa de la vida" J.W. Goethe


A respiración é un bo exemplo da lei da polaridade: os dous polos, inspiración e espiración forman coa súa constante alternancia o ritmo. Un polo depende do outro e o compensa, xuntos forman o todo. A función principal da respiración é un proceso de intercambio. Abrangue a polaridade de tomar e dar. Respirar ven do latín spirare e espíritu, de spiritus, raiz da que se deriva tamén inspiración. En grego Psyke significa tanto hálito como alma. En indostánico atopamos a palabra atman que ten parentesco co atmen (respirar) alemán. 

Na India, ao home que alcanza a perfección se lle chama Mahatma, que significa "alma grande" ou "alento grande". A doutrina hindú ensina que a respiración é a portadora da auténtica forza vital á que o indio lle chama prana. No relato bíblico da creación cóntasenos que Deus infundiu alento divino na figura de barro converténdoa nunha criatura "viva" dotada de alma. Este alento que ven máis aló do creado fai que a persoa viva. A respiración está en nós, pero non nos pertence. Estamos unidos por medio do alento á unidade que está máis aló do creado; máis aló da forma. 

A respiración é un fio umbilical polo que nos chega a vida. Este fio impide que o ser humano se peche no seu "yo". A pesares do poderoso desexo de encapsularse no seu ego, a respiración lle obriga a manter a unión co "outro". Non podemos evitar o contacto, incluso cando unha persoa nos inspira tanta antipatía como para "non olela", ou cando nos impresiona tanto que nos deixa "sen alento". Co primeiro alento comenzamos a vivir e co derradeiro rematamos. Co primeiro damos os primeiros pasos no mundo exterior para desprendernos da unión simbiótica coa nosa nai, facéndonos autónomos, independentes e libres. 

A liberdade corta a respiración e provoca temor. Cando pasamos dunha situación que nos agobia a outra esfera na que nos sentimos desafogados, respiramos profundamente. O axeitado desenrolo da persoa depende do seu equilibrio interno. Os dous polos inspirar-espirar (tomar e dar), deben estar equilibrados coa fin de completar o ritmo da vida. A perturbación do equilibrio impide o fluxo respiratorio rítmico. Ocorre que non sabemos dar, polo que non podemos tomar o que tanto ansiamos. Queremos conservalo todo e con isto nos intoxicamos porque non podemos atopar o ritmo do fluir da vida. Este tomar sin dar nos provoca unha sensación de verdadeira asfixia. O ser humano recibe na medida en que dá. ¡Se poideramos comprender que hai de todo en abundancia para todos!.

Respirando con ritmo e equilibrio podemos visualizar ás persoas diante de nós. Ao tomar aire percibiremos o "soy" e ao exhalar, o "tú": "soy tú". O ritmo da respiración leva ao fluir da vida e xera un sentimento de empatía coa persoa seleccionada, identificándonos plenamente con ela, máis aló de calquera diferencia, suscitando un sentimento íntimo e profundo de unidade. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario