APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

lunes, 19 de mayo de 2014

AMOR Á UNIDADE

"Alóngome 
e percibo o alento, 
un espazo e un tempo,
unhas coordenadas
para situarse." J.J. Fernández: "Feitizo crepuscular"



Para os místicos non hai anhelo máis intenso que o da Unidade. Añoran o innombrable, o retorno máis aló das formas, palabras, conceptos e pensamentos. A Deidade tórnase obxecto amoroso e esperta paixóns. Renunciar a todo para unirse ao Un; minguar o ego para ampliar o todo cósmico; vaciarse para encherse de plenitude. A paixón carnal, intensa e desenfrenada, cede, ante o impetu do namoramento divino. A angustia da separación propulsaos, pola vía do retorno, de regreso á Fonte. 

O intemporal permenece acochado dentro de cada ser humano. Buscar o intemporal é buscarse a sí mesmo. É a vía para achar acougo na unidade. O místico se esquece de sí para ser, renuncia a sí mesmo para ser o Outro. Tenta transcender os límites da conciencia e contemplar a esencia divina que mora no seu interior. Non sabe de divisións. A multiplicidade ten unha soa cor. Está en todas as criaturas e sente no seu, o corazón de todo o Universo. 

O cultivo do amor amplía a conciencia. O desenrolo da conciencia desencadea un amor incondicional. A experiencia sublime conduce ao inefable até o punto de que no seu desenfreado afán por aproximarse ao Orixe, desaparece a razón. O abrazo amoroso ponse ao servizo da experiencia mística e a sexualidade tórnase integradora e liberadora no lugar de compulsiva, mecánica e cega. A sexualidade pasa a ser un rito e a práctica amorosa unha ceremonia que vai máis aló do pensamento ordinario. O amor é expansivo e transcende o ego; une, non separa. É o afecto ilimitado que contempla a enerxía sublime que lle permite ao que o experimenta, identificarse non só co corpo, senón coa alma do outro. 

As persoas que amplían o sentimento amoroso e se concectan coa enerxía cósmica espertan a un sentimento de plenitude que todo o anima. O sentimento de unidade é anterior ao da multiplicidade, ao medo e ao odio. Existe unha sabiduría por riba das demais, a do corazón. O pensamento pode ser calculador, frío, egocéntrico e acumulador e dominalo o afán de dominio e de poder; pero o sentimento é xeneroso, expansivo e cooperativo. 

"La esclavitud comienza cuando se ve la diversidad y se oculta la unidad". Adagio antigo indio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario