APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

lunes, 22 de diciembre de 2014

RENACER POLA FE

"...El que cree, vivirá para siempre... " Jesús de Nazaret


Cando vivimos de forma automática, cada día, ao espertar, sentimos que temos que facer un grande esforzo porque o novo día se nos presenta cheo de desafios e, en numerosas ocasións, non somos quen de enfrontalos. Non son poucas as persoas que elaboran expectativas sobre o seu futuro que son como castelos no aire e requiren para manterse un grande caudal de angustia que vai deixando un sedimento de ansiedade e medo que so desaparece co consumo. Pero so se trata dunha desaparición momentánea e aparente. 

O progresivo fracaso do desenrolo persoal derivado do sometemento constante ao bombardeo publicitario, vai tecendo unha urdime a través de reclamos culturais que provoca no ser humano un gasto permanente de enerxía que vai socavando e empobrecendo o seu interior até convertilo nun adicto ao exterior. Son moitas as persoas que recurren ao alcol e ás drogas para poder "soportalo", precisando consumir para manter o "síndrome de Popeye" e ser os/as máis altos, máis guapos, e os mellores, pero a entropía é limitada e a transformación acaba converxendo nun fracaso maior. Outros sucumben directamente nun síndrome patolóxico que se converte nunha espiral sen retorno. 

As funcións superiores, cando se ven alteradas sistemáticamente, poden provocar un estado de nerviosismo que se apodera da mente da persoa, proxectando a linguaxe simbólica do arquetipo cara o exterior, co que a persoa sofre graves danos na súa memoria e na súa identidade, pasando a ser considerado un "louco endemoniado". Para recobrar a liberdade e a identidade é preciso reinventarse (modificación da conducta), converter o fracaso en éxito permanente, e a forma de facelo é por medio do "bautismo na fe", redimir a escuridade do pasado para convertelo no sustrato dun presente luminoso, onde poidamos desenrolar o noso potencial humano, e descubrir o camiño que leva á unidade con Deus. 

Parménides, Pitágoras, Sócrates, Lao-Tsé, Buda, Jesús, nos amosan o camiño: "pide e se che dará;  busca e acharás; chama e se che abrirá". Só é preciso ter confianza para buscar e recobrar o sentido da vida. Unha vida polarizada no exterior nos convirte en autómatas, "porque el que siembra para la carne, de la carne segará corrupción.. ". É por medio dos feitos que se constrúe a persoa. Con verdadeira fe, a realidade obedece á intención das nosas plegarias. O presente é a construción do noso pensamento; un día de orballo é maravilloso para unha persoa romántica que ten a mente entrenada para percibir a beleza nas inclemencias do tempo, mentres que para aqueloutras que "precisan" tomar o sol é "un fastidio". Unha e outra forma de percibir é únicamente o noso desexo, conscente ou inconscente. 

A realidade pode ser como queremos que sexa se nos entrenamos para percibir os eventos e regocixarnos coa nosa obra. Se sementamos maldade, maldade recibimos; se somos inxustos recibimos inxustiza; pero se somos xustos e proxectamos amor, recibiremos xustiza e amor. O que proxectamos volve a nós como futuro. Por iso Jesús de Nazaret dicía: "non fagas a ninguén o que non queiras que che fagan a ti. Gandhi conseguiu a liberación da India "ofrecendo a outra meixela" coa resistencia pasiva. 

O instrumento clave para proxectarse é a fe. Para buscar e atopar, pedir e recibir, é a oración en estado de concentración alfa por medio da meditación, unha ferramenta imprescindible. Todas as consideradas "grandes mentes" ou "persoas santas" desde Gandhi a Jesús, pasando por Siddartha Gautama ou Lao-Tzé, entre moitos, utilizaron a meditación, ben sexa con mantras, imaxes mentais, ou plegarias, para alcanzar a iluminación. Ti mesmo/a todos os días sen decatarte estás enviando "plegarias", so que, a maioría das veces, cunha intención negativa, convertendo a túa realidade nun "calvario". É preciso meditar e pedir, para que cando ollemos, poidamos contemplar unha realidade en harmonía co que sentimos no noso corazón; pero non debemos esquecer a fe e que a petición sexa sinceira e razonable. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario