APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

jueves, 4 de diciembre de 2014

AUTO-ACTUALIZACIÓN (I)): PURIFICACIÓN

"...donde esté vuestro tesoro, allí estará vuestro corazón. La lámpara del cuerpo es el ojo; así que, si tu ojo es sincero, tu cuerpo estará lleno de luz; más si tu ojo es malo, todo tu cuerpo será tenebroso... " Mt 6:21-23



Para Platón, coñecer era recordar o que a alma sabía cando estaba no mundo das ideas. O recordo se lograba mediante o diálogo filosófico. Sócrates definía como mayéutica ao proceso de facer "parir" a verdade a través do diálogo. Freud e Breuer preferían utilizar o concepto de catarse para definir o recordo dunha emoción reprimida que ao facerse conscente liberaría ao individuo da histeria. Catarse en grego significa purificación, e na poética de Aristóteles era a purificación emocional, mental, corporal e espiritual. 

Por medio dun estado de suxestionabilidade aumentada ou hipnose, J. Breuer e S. Freud persuadian aos seus enfermos para que recordaran momentos do pasado, que se instalaran no inconscente, para "desbloquealos" e curalos da histeria. A suxestión hipnótica que acadamos a través da meditación é a ferramenta idónea para comunicarse co inconscente e descubrir os "vicios e  maldades" que  nos "bloquean" e nos impiden fluir, volvéndonos ineficaces. Permítenos observar eses complexos, aceptalos,  "purificalos" e desaprendelos por medio da luz e do coñecemento.

A través da meditación podemos acadar un estado de ondas alfa, de 8-13,99 Hz no EEG, no que a persoa se atopa relaxada e con escasa actividade cerebral,  para regresar no tempo e analizar o seu pasado. Nalgúns casos, incluso podemos provocar un estado de ondas máis lentas, ondas theta, duns 4-7,99 Hz, no que se acada unha calma profunda. Neste estado as tarefas se automatizan e escapan ao control conscente, xorden as ideas e as solucións creativas, e podemos elevar a mente por riba do corpo, do espacio e do tempo. Neste estado, a persoa pode acceder ao seu inconscente e visualizar o seu pasado chegando a recordar sucesos inaccesibles para a conciencia que están incidindo no decurso da súa vida e en moitos casos provocándolle enfermidades físicas e psicolóxicas. 

Este acto de purificación nos axuda a auto-actualizarnos e poñer toda a enerxía na construción dunha nova persoa. Mediante a oración e a imaxinación, podemos modificar a nosa personalidade, a forma en que nos comportamos e experimentamos o mundo interior, para encarnar un novo ser cuántico. O coñecemento e as habilidades da persoa, así como a fé que teña no proceso, influirán no seu futuro desenrolo. Continuamente estamos enviando, de maneira conscente ou inconscente, sinais da nosa intencionalidade que constrúen o noso devir. O que facemos, sentimos e como nos comportamos volve a nós como futuro.

Cando unha persoa decide buscar unha saída e reinventarse ten que crer que é posible o cambio, visualizar o seu pasado para actualizalo, decidir como quere ser e empregar toda a súa enerxía no novo "perfil", sen temor a errar, utilizando os atrancos como aprendizaxe. Se persiste na auto-actualización non tardará en decatarse de que está no camiño de ser esa nova persoa. Dicía Sócrates: "Busca e encontrarás... ". "Pedid, y se os dará; buscad, y hallaréis; llamad, y se os abrirá" (Lc 11:1-10).






No hay comentarios:

Publicar un comentario