APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 25 de noviembre de 2014

O FUTURO: "PROFECÍA AUTOCUMPLIDA"

"El tiempo es muy lento para los que esperan, muy rápido para los que temen, muy largo para los que sufren, muy corto para los que gozan; pero para quienes aman, el tiempo es eternidad." William  Shakespeare 





R.K. Merton dicia que a profecía que se realiza é ao principio unha definición "falsa" da situación que esperta un novo comportamento que fai que a orixinaria situación "falsa" se volva verdadeira. Do mesmo xeito, o Efecto Pigmalión en psicoloxía describe como a crenza que se ten sobre unha persoa pode influir no rendemento desta. A profesora A.A. Schutzberger afirma que se se observa coidadosamente o pasado dalgunhas persoas enfermas de cancro, se pode ver, que en moitos casos, se trata de persoas que fixeron nas súas infancias certas predicións sobre si mesmas e as súas familias, unha especie de guión de vida inconscente relacionado coa súa vida e a súa morte. Toda predicción é unha toma de poder mediante a que preconfiguramos destinos establecendo o curso da realidade.

O pasado inconscente actualiza o noso pensamento no presente. Con esa actualización, o pensamento, igual que a linguaxe, se converten nun embruxo no que o kosmos se nos presenta coa súa luminosidade orixinaria. Nesa situación, os fenómenos cobran vida fóra da lóxica convencional. O pasado e o futuro se unen nun presente no que o espacio e o tempo son meros razonamentos matemáticos. Huidobro dicía: "Por qué cantáis la rosa, oh poetas! Hacedla florecer en el poema". 

O acto profético é unha chamada á realidade, hai que afrontar o imprevisto e a propia morte. O comportamiento que pretendemos lóxico é en realidade "louco" e cruel, por irracional e contradictorio. A vida debe servir para a denúncia das apariencias e da mentira e para que da súa interpretación xurda un verdadeiro vodevil. O acto profético permite utilizar as enerxías que dormen no noso inconscente para construir unha realidade sobre a deconstrucción dunha vida que se desentende da dimensión inconscente, onírica e máxica da realidade. Por qué apoiarse na realidade da apariencia inmediata podendo experimentar a liberdade da creación sen límites. 

Hai que deixar atrás á persoa que se agocha detrás da súa personaxe, abandonar o medo e quitar a máscara para amosar o ser humano "tal cual" e poder observar a verdadeira imaxe sincrética da vida a través do efímero. Todos somos "actos" presentes" en construcción de "actos futuros", se observamos atentamente o noso presente podemos vaticinar o noso futuro porque non existe tal, os "feitos" que hoxe vivimos constrúen o noso mañán, e o mañán será presente cando constrúa o novo día, pasado mañán e futuro. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario