APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

domingo, 16 de noviembre de 2014

A INTENCIÓN

"Todo lo que hai ha existido siempre. Nada puede surgir de la nada. Y algo que existe tampoco se puede convertir en nada.". Parménides


A vida consiste en ver, acercar a conciencia cada vez máis ao kosmos para discernir con máis claridade. Tal é a situación coa que nos atopamos neste misterio da existencia. Copérnico descabalgou ao ser humano do centro do universo, sen embargo a clave da existencia do universo reside no ser humano. A persoa é o centro da perspectiva e ao propio tempo o constructor do universo. 

Cando non observamos, hai ondas con múltiples posibilidades,  cando "miramos", hai partículas de experiencia. Detrás do que observamos, existe un universo con múltiples posibilidades. O espazo é un concepto que divide e separa os obxectos, pero en "realidade", todo está entrelazado. O que lle ocorre a un electrón, ten influencia noutro electrón en outro lugar do Kosmos. 

Alicia entra "na tobeira" e se atopa cun mundo cheo de "maravillas". Todo depende de canto queiramos adentrarnos no interior da "tobeira". A intención xera o que sucede, basta con observar os pensamentos para decatarnos. Según Masaru Emoto,  as palabras, sonidos e pensamentos, inflúen nos cristais da auga á que van dirixidos, creando unha apariencia estética diferente dependendo de se son positivos ou negativos (dunha beleza extraordinaria se son positivos). Este experimento é un de tantos que nos confirma que o que pensamos volve a nós (somos ao redor dun 85% auga). Se rexistramos a actividade eléctrica dunha pranta á que tentamos danar, decatarémonos de que aumenta considerablemente. No caso contrario, se "percibe" que a nosa intención é boa, a intensidade diminúe e, se nos aproximamos a ela con amor, permanece estable e mostra a súa mellor apariencia. 

O universo é un territorio de posibilidades sen fin e o vacío un océano de enerxía increíble. Nunha escala increíblemente pequena como a lonxitude de Plank, o espacio ten un comportamento probabilistico. Existe un territorio enerxético que non se pode ver do que emerxe a existencia. As ideas abstractas do intelecto son pura posibilidade abstracta que emerxen en forma de ondas de vibración e crean todo o que vemos. 

As cousas se moven nun campo gravitacional en todos os sentidos, incluso cara atrás. Deste xeito podemos ter acceso ao futuro igual que o temos ao pasado. O futuro ten o mesmo efecto no presente que o pasado. Se observamos o electrón a traveso dunha doble fenda (experimento da doble rendija de Tomas Young), se comporta como partícula,  pero se non "observamos" se comporta como onda con múltiples posibilidades. O feito de observar destrúe a "función de onda".

So temos tempo para necesidades emocionais "adictivas". O ser humano posúe capacidades extraordinarias por estar conectado coa Unidade, pero non nos sentimos capaces de desenrolalas. Podemos crear a realidade; a diario xorden procesos que son a nosa creación, pero non nos decantamos da influencia que temos sobre os mesmos. Somos adictos ao externo e so reaccionamos aos estímulos porque non somos conscentes de que a nosa mirada inflúe no mundo. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario