APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

domingo, 23 de noviembre de 2014

O RECORDO

"Cuando mi voz calle con la muerte, mi corazón te seguirá hablando". Rabidranath Tagore 





Reflexiona, eres conscente de que os recordos dirixen os teus pensamentos?. Ou, é o teu pensamento o que utiliza os recordos para construir, de forma creativa, a túa vida?. É aí o dilema: ser ou non ser conscentes de que posuímos ferramentas e instrumentos que inflúen de maneira decisiva no desenrolo da nosa existencia. 

O tempo "humano" non son máis que experiencias subxectivas, o resultado da división da realidade que percibimos nun espacio interconectado. A beleza e a fealdade son anacos de forzas extraídos dun kosmos unificado. Todo na naturaleza provén do campo unificado do universo que se fragmenta coa nosa percepción.

O noso pensamento está formado por unha "danza" de partículas de enerxía intelixente. Constantemente estamos interaccionando co resto do Kosmos a través da respiración. Con cada inhalación e con cada exhalación intercambiamos as moléculas do noso corpo coas partículas do resto do Kosmos. Intercambiamos os "órganos do noso  corpo" co resto do universo.

As moléculas que forman o noso corpo son partículas de enerxía que fluctúan no campo enerxético do Kosmos. Ondas de enerxía que se converten en partículas a través do noso pensamento. Como as partículas,  o noso corpo aparece e desaparece convirtíndose en ondas de enerxía, pero o "intelectus" permanece sempre na unidade. Somos seres espirituais unidos a  Deus polo espíritu e a ánima e polo "intelectus" que lle dá forma á experiencia.

Cando pensamos ou "observamos" algo, transformamos as ondas de enerxía en partículas de materia. Estudos sobre radio isótopos demostraron que reemplazamos case a totalidade do noso corpo "físico" en menos dun ano. Candice Bert demostrou que o que pensamos,  sentimos, ou desexamos, se transforma en péptidos no noso cerebro que se "unen" aos seus respectivos receptores. Este mesmo proceso se dá en todas as células do organismo, polo que é acertado pensar que cada célula T ou B do noso sistema inmunolóxico produce as mesmas sustancias químicas que produce o cerebro cando pensa, o que quere dicir que as células que nos protexen do cancro ou das infeccións están "pendentes dos nosos pensamentos, das nosas emocións e dos nosos desexos". "porque, en verdad os digo que si tenéis fe como un grano de mostaza, diréis a ese monte: pásate de aquí allá, y se pasará; y nada os será imposible. " Mt 17:20

Unha idea desencadea unha reacción en cadea no noso corpo que provoca cambios no organismo e no campo enerxético co que interactúa. Herbert Spencer condicionou con alcanfor (EC) a un grupo de ratóns aos que lles aplicaba un estimulante do sistema inmunolóxico (EI) e pasado o tempo, a mera presenza do alcanfor estimulaba o sistema inmunolóxico (RC). Isto ocorre porque ten memoria e recorda. Noutro estudo con coellos na Universidade de Ohio se demostrou que a estimulación con "amor" facía que desenrolaran moduladores do metabolismo do colesterol.

A función do ADN é a de almacenar a información do universo para "recordala" mediante a replicación celular. As moléculas, as células e cada órgano e sistema do noso organismo teñen memoria e recordan igual que o fai o ser humano no seu conxunto. É o recordo o que nos dá identidade e o que fai que cada mañán recordemos o noso estado anterior. Recordamos e enviamos a información ao pensamento das nosas alegrías e as nosas desgrazas, da nosa saúde e das nosas enfermidades; en definitiva, contruimos un novo día como continuación do anterior sen decatarnos do inmenso poder do noso intelecto sobre o pensamento e sobre os recordos.

Poderiamos dicir que o corpo non é máis que a interpretación da experiencia. Que creamos a experiencia coa nosa imaxinación e que os nosos recordos condicionados están influíndo de cote nesa experiencia ao invadir o noso pensamento que é o que
crea a realidade. Fóra do condicionamento, pasado, presente e futuro son un continuo de posibilidades infinitas nun eterno momento que non estamos "educados" nin preparados para observar.

 "Los niños captan una gran cantidad de hechos con una enorme velocidad como para mostrar que no lo están absorbiendo por primera vez sino que los recuerdan." Cicerón

No hay comentarios:

Publicar un comentario