APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

viernes, 14 de noviembre de 2014

O PORVIR DUNHA ILUSIÓN

"Desde la mitad de la vida hacia adelante, solo permanece vital aquel que está dispuesto a morir con vida". C. G. Yang



Para o lactante non existe mundo exterior. Xeralmente aprende por influencias externas a diferenciar o obxecto que se atopa fóra e para cuxa aparición é precisa unha acción particular. Un segundo factor para que o ego se desprenda da Unidade son as sensacións de dor e satisfacción condicionadas polo exterior. Deste xeito xorde a tendencia de formar un ego totalmente hedónico que busca no exterior o obxecto da súa satisfacción. 

O bebé interioriza a realidade por un procedemento que condiciona os seus actos futuros. Deste xeito abandona o mundo interior para perseguir ao obxecto e apoderarse do mundo exterior. Pero o sentimento de totalidade persiste na vida anímica, provocando nalgúns casos, reverberacions melancólicas que son a semente de moitas patoloxías. Na vida psíquica, nada que tivo lugar desaparece xamais e en moitas persoas permanece un sentimento "oceánico" que deriva desa etapa primaria e que revela estados enigmáticos da vida psíquica.

A persoa aspira á felicidade, pero desde a súa mesma orixe se ve sometido ao condicionamento do seu aparato psíquico, alterando o seu programa universal, motivo polo que a decadencia e a aniquilación do exterior se "encarnan" no individuo con forzas omnipotentes e implacables que obrigan ao aparato psíquico a doblegarse ás esixencias do exterior e rebaixar as pretensións de felicidade. 

O ser humano pasa a ser un "ser de necesidade" e o condicionamento da satisfacción ilimitada de necesidades se nos impón como a norma de conduta máis tentadora, "o que significa preferir o pracer á prudencia" e que nos acarrexa tan graves consecuencias. Contra este temible mundo exterior, moitos seres humanos so se poden defender co aloxamento e o retorno á quietude: formas relixiosas, yoga, ascetismo, etc...; outras, incapaces de cumplir as demandas da cultura, sucumben baixo algunha patoloxía,  e a maioría adoutan o camiño de dominar e someter a naturaleza baixo o xugo do home. 

Convertir a  multiplicidade humana nunha condición de laboratorio destinada únicamente á satisfacción da necesidade, sabendo que o ser humano posúe infinitas posibilidades potenciais que poden ser convertidas en infinitas necesidades instrumentais, só serve para crear un intenso sufrimento que por desgracia convertimos en modelo de evolución e desarrollo humano e que, se non somos capaces de ver, é porque non estamos educados para sentir empatía polo outro e estamos demasiado ocupados en satisfacer as necesidades do noso ego condicionado para ser insaciable.













No hay comentarios:

Publicar un comentario