APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

miércoles, 12 de noviembre de 2014

A OLLADA DA CONCIENCIA

"Lo que niegas te somete, lo que aceptas te transforma. ". C.G.Jung


Se fala de continuidade da conciencia pero non existe tal. Nunha vida os actos conscentes duran a metade ou as tres cuartas partes. O resto está formado pola "vida"inconscente, que si é un estado constante, duradeiro e permanente. Mentres falamos, escoitamos ou lemos, o noso inconscente continúa funcionando, aflorando durante o sono e moitas veces durante a vixía con singulares perturbacións. 

Para Kant,  o inconscente é o dominio das representacións escuras que constitúen a metade dun mundo. Se poideramos xuntar os dous mundos conseguiriamos a iluminación do Buda, a sabiduría de Platón e a multiplicidade do Kosmos coa superposición de todos os mundos posibles no Un, a unidade de todo o que existiu, existe e existirá.

Entre o obxecto e nós hai relacións, un feedback que inflúe e retroalimenta a relación en si mesma. A activación da atención eleva á conciencia parte desas relacións, desviando ao inconscente todo un universo de posibilidades de relación. O eu está dotado dunha enerxía gracias á que podemos influir no decurso dos acontecementos. Esta enerxía loita por aflorar á conciencia traendo consigo un sentimento absoluto de liberdade,  pero, debido a condicionamentos externos, unha parte importante desa enerxía psíquica non se pode liberar e pasa a desempeñar unha función escura e inconscente.

Normalmente non podemos representar a totalidade do noso ser psíquico porque nos xera un estado de extrema tensión debido aos condicionamentos históricos do ego. O cuadro que se lle presenta á conciencia por medio da memoria é pobre, aínda que en situacións de extrema tensión, a representación da naturaleza pode ser tal que abrangue nun instante a totalidade dos nosos recordos conscentes (fenómeno que ocorre en moitos accidentes graves nos que o suxeito afirma que nun instante se lle pasou "toda a vida pola cabeza") e incluso recordos subliminais e crepusculares procedentes do inconscente.

Os acontecementos que orientaron a enerxía cara a conciencia e o inconscente permanecen ocultos, almacenados na nosa "memoria". A memoria nos une cos feitos que desapareceron da conciencia. Parte deles son fáciles de recuperar, pero outros se convertiron en subliminais por seren rexeitados e reprimidos, e exercen influencia desde a sombra en forma de complexos que aparecen e desaparecen sometendo á persoa.





No hay comentarios:

Publicar un comentario