APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

miércoles, 5 de noviembre de 2014

O DISCURSO POLITICO

"En el estado actual de la historia, todo escrito político sólo puede confirmar un universo policíaco, del mismo modo que todo escrito intelectual sólo puede instituir una para-literatura que ya no se atreve a decir su nombre." Roland Barthes 



O benestar desta sociedade descansa sobre a base desgraciada dun "mundo mergullado na desesperación". O poder sobre o home adquirido nesta sociedade ao asimilar todo o que toca, ao absorber toda oposición, esquece con facilidade a destrución dos recursos naturais,  a proliferación do despilfarro e a falta de equidade na distribución dos recursos. 

A conciencia feliz rexeita toda conexión. É certo que existe a tortura como un feito normal, pero ocorre en lugares á marxe do "mundo civilizado" e pode levarse a cabo con absoluta boa conciencia, porque "a guerra é a guerra", e tamén está á marxe porque, despois de todo, so lle afecta aos países "subdesarrollados", polo demais reina a paz. 

Os axentes de mediación entre os amos e os escravos publicitan un mundo "unidimensional", cunha linguaxe que aboga pola identificación e a promoción sistemática do pensamento único. Os conceptos de demostración e crítica sustitúense polos de aserción e os de imitación, e os laboratorios de defensa, as oficiñas executivas, os gobernos, os poderosos e os expertos en eficacia, teñen sempre a última palabra. 

A celebración dunha personalidade autónoma e humana, e dunha sociedade xusta e equitativa, parecen ideales propios dunha etapa anterior á que se desprecia por "trasnochada", mentres unha minoría privilexiada goza dos bens e representa o ideal. Se traiciona a esperanza por un mundo plagado de "xogos para adultos"  con grandes palabras vacías de contido que, pronunciadas na radio e na televisión, se transforman en sonidos sen sentido que só o adquiren dentro dun contexto de propaganda e de negocio. 

Nombrar as cousas ausentes é entrar nun orden de cousas diferente ao establecido. Na dialéctica entre o actual e o posible, a linguaxe deixa de ser a do engano, a ignorancia e a sumisión. Non só se aliena a vida, tamén a arte e o público ao que se dirixe. O concerto, a  ópera, o teatro están diseñados para evocar outras realidades que están sendo eliminadas e transformadas en productos alienados que se incorporan á sociedade para que circulen como obras que venden, conforman ou excitan. A alienación artística, igual que outras formas de alienación, sucumbe a  un proceso tecnocrático que lonxe de lograr un sistema social de benestar óptimo, reduce e limita as posibilidades do ser humano.


No hay comentarios:

Publicar un comentario