APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 9 de noviembre de 2021

A VIAXE (1): "ACERCA DA VIDA"

"Vivir significa asumir la responsabilidad de encontrar la respuesta a los problemas que plantea y cumplir las tareas que la vida asigna a cada individuo". Viktor E. Frankl

Á vida é a que cuestiona e o ser humano o que responde con responsabilidade coa acción conscente. Nada hai que esperar da vida, senon creala. É probable que o fado permaneza expectante e nos trascenda, pero so se non hai aceptación e acción autoconscente. Coñecer a tarefa e entendela ten un valor terapéutico e sanador, abre a porta á conciencia.

A persoa autoconscente, non é vitima nin verdugo, polo tanto, non é culpable senon responsable. O mundo é un proceso, todo está en movemento. É a nosa creación, todos temos a responsabilidade de crear o noso proxecto vital. Desenvolver a ollada para ver as infinitas capas da realidade e implicarmonos na vida con seguridade de atopar o que buscamos. Mergullarnos na tobeira como Alicia para ir descubrindo, a cada paso, novas posibilidades. Os animais obran por pulos, o ser humano intúe, observa, decide e crea, é un creador consciente, un demiurgo.

Toda situación é unha creación enerxética que se nos ofrece como un campo de proba. É a materia prima coa que construiremos o fado. Son precisos dous elementos: a aceptación e a confianza. A decisión como acto leva implícito o xermo do fado. É a lei da causa-efecto. Todo acto ten unha resposta que vai construindo o fado. Cada erro é un premio que nos indica o camiño. Non debemos temer porque o medo dispersa a ollada.

A certeza da morte ilumina as sombras da viaxe. A magnitude da vida non se mide, se vive. A chave para visualizar o segredo da vida está no interior de cada induviduo. Mira cara dentro sen medo e logo olla ao teu redor. O mundo tornará na cor da túa ollada se observas co corazón. Todo é mental. Non existe nada fóra que non estea dentro como se menciona no Kybalión, o que é arriba é abaixo, como é adentro, é afora. Todo parece bipolar, doble. Os opostos son idénticos en naturaleza, so son dierentes en grao. Os extremos se tocan. Todas as verdades son medias verdades. Son anacos, divisións da totalidade.

Se queremos definir ao ser humano, deberiamos  chamalo o indeterminado. So un ser humano se pode determinar a si mesmo, o que observamos so é un "produto" de consumo do capital. O carácter non é máis ca unha camisa de forza que impide os movementos do temperamento. Un seductor envoltorio do lapislázuli. A liberdade nunca se perde porque a liberdade é a esencia do ser humano. So se enmascara na representación teatral burguesa. Ollo, porque a máscara (persoa) remata suplantando ao individuo.

A existencia é misterio que se revela no acto. Compre ter paciencia para non anticipar e templanza para aceptar e decidir. O individuo nunca é completamente nada, sempre é proceso de algo, auto-actualización. Se actualiza cando o "eu" se disolve no "ti" que lle da sentido á existencia. É a remisión ao trascendente que está alén do ego. Un "eu"que se realiza no contacto co "outro" e non so contemplando a súa imaxe especular. Non é Narciso, é Dionisos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario