APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

viernes, 26 de noviembre de 2021

"O MUNDO ENCANTADO"

"La educación es lo que sobrevive cuando todo lo aprendido se olvida". B. F. Skinner 

O 4 de decembro de 1492 cando Colón soltou a ancla fronte á illa de Bahía estableceu o patrón de conquista inaugurando un novo discurso que lle aportara xustificación á usurpación colonial do territorio e aos seus recursos. Colón topou unha cultura próspera que podía re-inventar para saciar o apetito dos monarcas. A riqueza da illa consistía en ouro, elaborados traballos de pedrería e outras xoias culturais. Ollando as bondades dos indíxenas, resolveu comunicarlle á raiña que sería fácil poñer toda a illa e os seus habitantes ao seu servizo. 

A declaración é un xeito de falar pola que o que fala establece un feito creando unha realidade nova. Trátase de establecer un cambio como se xa tivera lugar e a partires dese instante, pasa a ser unha verdade. Xustificar un expolio inducindo a aceptación ao describir algo como se fose real. So queda tomar medidas políticas para revestir as accións de legalidade. As declaracións se convirten en condicións que convirten aos expoliadores en señores-dominadores pola autoridade do mismo Deus e aos individuos en vasalos obedientes baixo pena de padeceren a disociación espiritual. 

Na actualidade as transnacionais utilizan as declaracións para convertir a experiencia humana en materia prima gratuita ignorando os dereitos e os intereses da persoa, o que as converte en propietarias dos datos da experiencia dos individuos. Esta concentración de datos aportan un coñecemento sen precedentes ao poder neoliberal que o emprega para exercer o seu dominio na aprendizaxe social que é, en definitiva, o marerial co que se constrúe a cultura que estructura a mentalidade de cote.

A división victoriana do traballo se convirte na división da aprendizaxe social a traveso da facilitación gratuita dos datos da memoria dos individuos. ¿Somos realmente conscentes do que implica unha apropiación de tal magnitude? A resposta precisa un esforzo de introspección para chegar a unha verdadeira análise do "autoconcepto". O coñecemento dun mesmo leva directamente a unha toma de decisións. Coñecer que significa o ser social sano é imprescindible para crecer como ser humano. Decía Spinoza que non nos esforzamos, queremos, apetecemos ou desexamos algo porque xulgamos que é bo, senon que xulgamos que é bo, porque nos esforzamos por elo, o queremos, apecemos e desexamos. Trátase de esforzarse polo que se desexa e, ao mesmo tempo, actuar en concordancia co que é bo para o outro.

O proxecto de individuo que se establece a traveso da psicoloxía, a pedagoxía, a socioloxía, a economía e a lingüística perfila un cidadá obrigado pola necesidade e o desexo. Non obstante, o ser humano precisa actuar dacordo coa forza que persevera no seu ser individual en relación coa sociedade . A persoa non so busca o ben para sí, senon tamén para o outro. De acordo con isto, o desexo non atende ao exceso. Atende á xusta medida. No foro Económico Mundial de Davos en 2015, alguén preguntou sobre as ideas acerca do futuro de internet. Parece que a resposta foi que será sustituido sen apenas decatármonos por un mundo virtual no que estaremos integrados. A súa imbricación na vida diaria será tan íntima que non será advertida. As máquinas se axustarán de tal xeito ao contorno dos humanos que o mundo virtual será como dar un paseo por un bosque encantado.






No hay comentarios:

Publicar un comentario