APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

miércoles, 17 de noviembre de 2021

A VIAXE (2): LATEXO KÓSMICO

"El secreto del cambio es enfocar toda tu energía, no en la lucha contra lo viejo, sino en la construcción de lo nuevo". Sócrates

O Pléroma é a Unidade primordial da que xorde todo o que existe, a plenitude da vida. A unidade esencial da que emerxen os seres divididos en pares opostos en esencia para voltar de novo á unidade. Abraxas é a súa máxima expresión. O latexo kósmico revela a orde, a harmonía, e a fecundidade da permanencia. Se nos presenta con múltiples formas. Ao contemplalo se descubre a multiplicidade do Ser. Todo está escrito no código kósmico. Non hai máis que desifralo para comprender o misterio da vida. Revela as modalidades da divinidade do Ser, ontofanía e hierofanía. A naturaleza co eterno retorno de vida e morte; o florecemento da primavera e a finitude do inverno, morte e renacemento de Dionisos que mostra o trascendente: a conciencia da infinitude. 

A terra se representa como nodriza universal e o ceo como o xermo da divinidade. O ceo revela a "durée", a trascendencia aeternitas. Representa o absoluto porque é elevado, infinito, eterno. É por iso poderoso. A persoa se admira ante o misterio da fecundidade terrestre e queda fascinado coas propiedades da naturaleza (Kosmos). A unión do ceo e a terra eleva a ollada a unha concepción total do individuo de tal xeito que a morte da materia non poría término á vida. A morte non sería máis ca unha modalidade da existencia terrea. 

O Kosmos-Naturaleza é un organismo vivo que se renova de cote. Misterio da inagotable aparición da vida coa súa rítmica renovación. É como unha árbore xigante que se rexenera sen fin. Trátase dunha trasposición de imaxes a escala micro e macrospópica. Amosa unha visión que permite descifrar nos ritmos da vexetación ideas de rexeneración, de saúde, de eterna xuventude, e de inmortalidade. A miragre do froito da ábore da vida confire inmortalidade, omnisciencia e omnipotencia. É o froito que alimenta o xermo da divinidade natural que todo mortal leva no seu interior.

Co nacemento pasamos dunha situación definida á indefinición, á incertidume. So existe a certeza dun constructo do pasado e a morte ao facerse presente o futuro. Nacemos desvalidos cunha yoidade apenas desenvolvida, pero contamos coa capacidade de aprehender. Mergullados no seo materno non experimentamos a separatidade. So cando comenzamos a desenvolver o sentimento de separatidade coa individualidade toma sentido a escisión a traveso da figura da nai e aflora a necesidade de retroceder ao seo materno para recuperar a Unidade.

O bebé nace predisposto a desenvolver o seu temperamento innato. Trátase dunha cuestión impresa na psique. A simbiose e o apego cara a nai leva impreso o selo da búsqueda da Unidade. Escindido da unidade vai tomando conciencia de si mesmo e da súa manifesta separación . Procede da Unidade, forma parte dela e, sen embargo, sente a separatidade dun mundo fragmentario, impulsado polo mito bíblico do paraiso: Adán e Eva que viven en harmonía coa Unidade (Edén) pero sen conciencia de sí mesmos e da súa situación de separación, inician a historia coa perda da unidade. Expulsados da Unidade añoran a súa harmonía. Intentan recrear a armonía perdida que tanto ansían, pero lles resulta imposible. Poden, sen embargo, re-crear unha nova harmonía que os conecte coa Unidade. Tenden, como seres separados, ao crecemento persoal que os devolva ao estado orixinal. 

Progresión e regresión representan os polos aos que o individuo se enfrentará para unificar. Escoitar o interior e intentar integrar pasado e presente, interior e exterior, o persoal e o social. Á individuación é un proceso de integración a resolver. As solucións son ilimitadas, pero virán condicionadas polo contexto socio-histórico e cultural xa que, a sobrevivencia limita a re-creación da harmonía da Unidade nun mundo concebido para a división. 

A Plasticidade do ser humano é un proceso ilimitado. Integrar a estela que deixa ao seu paso a existencia se converte no factor de cambio para o Ser. Presinte que, "ego non sum ego". Vislumbra que o ego consciente non é a totalidade da psique e que o pouso que vai deixando a existencia opera nel de forma subliminal sen apenas decantarse. Tomar conciencia dese sustrato amplia e fai máis profunda a experiencia. A guía e o sustrato inconsciente. 

O inconsciente fala a traveso de símbolos e de soños. É un estado constante, duradeiro, que se perpetúa semellante a sí mesmo; é un continuo. Escoitamos, falamos, lemos, sobre un "éter" inconsciente que prosegue, en silencio, tecendo o fado. Tece de cote un vasto soño que, imperturbable, segue o seu camiño por embaixo da conciencia, emerxendo ás veces perante a noite, en soños, ou a traveso de pequenas perturbacións durante a xornada. A persoa se completa ao establecer comunicación co inconsciente; ao aceptalo e integralo na súa conciencia. 

O proceso de aceptación e integración implica retroceder á Naturaleza para buscar os sinais que fagan comprender a orixe. Os soños non son máis que raíces invisibles dos pensamentos conscientes. O inconsciente trata de facerse consciente. O individuo que soña entra nun mundo interior que amosa a clave da interpretación. Descubre as claves da Totalidade que lle permiten medrar e completarse. 

É importante atender e entender cando a actividad consciente cae por embaixo de "cero" e desaparece no inconsciente, onde continúa baixo a forma de actividade inconsciente. Entender que, o que se manifesta nos soños non é máis ca un despreciable residuo de conciencia; nos soños temos un papel esencialmente pasivo, sufrímolos. Reflexan as distintas capas da psique. No nivel superficial poden mostrar contidos que foron absorbidos subliminalmente ou empurrados desde o consciente á parte superior do inconsciente. Poden dicirnos cousas sobre nós mesmos, sobre outras persoas ou sobre os acontecementos; proxectarse cara diante ou cara atrás no tempo. Desde estractos máis fondos afloran novos contidos que revelan ideas creativas ou xermos de futuras condicións emocionais. Ademais, nos grandes soños arquetípicos do inconsciente colectivo, a miudo aparecen símbolos de naturaleza relixiosa ou mitolóxica que están tencidos co numinoso. Os patróns do soño revelan o crecemento psíquico gradual que caracteriza o proceso de individuación. O crecimiento interior que emerxe pouco a pouco na vida consciente re-creando a personalidade plena e madura.

Coa suma das fases conscientes  dunha  vida obtemos  a  metade  ou, como moito, as  dúas terceiras partes da súa duración total, o resto, é vida inconsciente. Durante a noite permanecemos mergullados no "éter" do fado atemporal. Ao espertar compre ter sempre a conciencia ben disposta. A imaxinación, os soños e a sombra, son estacións ao longo do camiño da aceptación de nós mesmos tal como somos para deixar á vida ser. Pero, non deixemos que o inconsciente tome o mando en exclusiva. Sen o consciente nos extraviariamos no descoñecido: O misterium.








No hay comentarios:

Publicar un comentario