APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

lunes, 13 de diciembre de 2021

"TELEMETRÍA E FUTURO"

"Existe al menos un rincón del Universo que con toda seguridad puedes mejorar, y eres tú mismo". A. Huxley

A exploración internacional de 1964 nas illas Galápagos brindou unha oportunidade única de explorar as posibilidades da telemetría, unha tecnoloxía que se basea na transmisión de datos a longa distancia. A telemetría posibilitaba xerar enormes lotes de datos e ofrece a oportunidade de realizar estudos con correlacións de poboacións de animales. O principio clave é que a telemática funcione sen que o portador sexa conscente de que a porta, aínda que, o realmente importante é o proceso de teleestimulación que monitoriza o comportamento e revela como pode modificarse e optimizarse nunha comunicación na que o observado non é conscente da súa participación. 

A tecnoloxía portable con sensores a grande escala que se comenzou a utilízar para estudar o clima, a xeografía e a ecoloxía do planeta, deu paso á implementación das cámaras municipais de vixianza que posibilitan a visualización dinámica da situación realista dos seres humanos cando camiñamos polas calles e aceiras das nosas cidades para rematar nunha versión animada da dinámica en tempo real nunha plataforma como Google Earth.

A ciencia que nace para seguilo comportamiento animal sofre unha metamorfose e se converte no modelo de base para que o capitalismo explore as posibilidades do comportamento humano. A teleestimulación de determinados tipos de conducta se utilizará, non para "salvar" ao ser humano da catástrofe, senon para estudar a predictibilidade da súa conduta. A computación ubicua carece de sentido sen a sensibilidade ubicua que transmite a experiencia para que sexa computada. 

A experimentación co chamado "árbol de escoita" emite un sonido que chama a atención e anuncia un futuro no que a información dixital podería convertirse nunha parte integrada do mundo físico. O obxectivo é crear un entorno virtual de sensores no que rastreadores cruzan datos a cote de lugares, interiores e exteriores, até cidades enteiras. A terra prometida aportará omnisciencia dixital, un entorno ubicuo de realidade aumentada até o derradeiro recuncho intuitivamente navegable. Representará unha prolongación de nós mesmos e, a información fluirá de xeito contínuo, directamente á nosa ollada e aos nosos oídos fulminando os límites da individuación. 

A idea é informatizar todo o espacio físico e todo rastro de comportamento desde o canto dun paxaro até o derivado sorriso dun meniño. O zumbido dunha abella e o canto dos rumorosos se agregarán a un fluxo continuo de información que abarcará todo o planeta no que se fusionarán á percepción humana todos os aparellos "omniscentes". A ansia coa que agarda o capital estes acontecementos para facerse co control do planeta camiña á par coa política implementada pola tecnocracia neoliberal. "Deus nos pille confesados"

No hay comentarios:

Publicar un comentario