APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

viernes, 24 de diciembre de 2021

"ALTER ENAXENADO VS APERTURA AO OUTRO"

“Se puede amar a los amigos y a la verdad; pero la moralidad consiste en dar la preferencia a la verdad”. Aristóteles 

A cuestión do Ser non é unha cuestión aillada e allea as nosas vidas. O individuo actual considera á filosofía como algo alleo. Considera o pensamento filosófico como algo extrano e innecesario para a vida. Non se decata que do seu rizoma xurdiu a ciencia orixinaria; que o tedio e o aburrimento que provocan unha vida absurda e sen sentido é orixe de procesos de tristeza e angustia que poden minimizarse cunha actitude filosófica activa. Compre pensar que a meditación axuda a  cultivar  a  autonomía de pensamiento entrenando á mente para ser, evitando ser programado. 

Esquecer e descoidar o propio Ser supón descoidar a esencia da vida. Trátase de dirixir a mirada cara a existencia do Ser humano; aceptar e asumir a propia conciencia, ese sentimento íntimo que todos percibimos e tentar entendela. Como a propia palabra indica, con-ciencia; é dicir,  con coñecemento. Ela é a fonte de toda percepción interna e de toda cognición. A conciencia é intencional posibilitando a percepción tanto interna como externa. O acto de conciencia e o acto de pensar son procesos permanentes. A conciencia percibe fenómenos psíquicos que o pensamento elabora. A elaboración xorde dun circuito  dialéctico entre pensamento e linguaxe. O individuo cuxa conciencia é intencional está aberto a un mundo de posibilidade no que decide actuar con responsabilidade. 

O fenómeno percibido cobra significado mediante o acto intencional a traveso da dialéctica pensamento-linguaxe que configura o significante e o significado. Para intuir e entender a orixe do proceso é preciso poñer en suspensión todo coñecemento establecido e chegar ao Ser, romper coa actitude a-critica de aceptar sen máis a realidade externa. Como dicía Husserl, a realidade natural do espíriu permanece dormida no inconsciente. A epojé fai que as vivencias se perciban con claridade para crear un coñecemento que se pregunte pola orixe da realidade que está na vida fáctica dos pobos.

A estructura orixinaria da realidade permanece disfrazada pola utilización vana de significante e significado. As vivencias non son meros obxectos que están aí, senon que eu-nós mesmos creamos ao dirixir a intención da conciencia. A historiografía que lle da significado aos entes neste mundo, produce una personalidade fría e insolidaria que debe ser superada. O yo creado pola modernidade, aillado e sen esperanza, debe revertirse para abrirse ao outro, non transformado nun alter-ego enaxenado de si pola linguaxe discursiva do poder, senon aceptando e respetando a diferencia que cada mismidade aporta na construción da realidade. O ser si mesmo polo feito de ser consciente de si é solidario e empático na apertura e na entrega cara o outro. É a definición historiográfica que se utilizou para construir o ego a que invisibiliza cosificando e negando ao outro

O ser consciente pon en suspensión o relato histórico para liberalo como produto da avaricia. Busca unha resposta para o recén que abre os ollos por primeira vez sen decatarse de que chega a un mundo ocupado, cuxos límites están definidos por un relato histórico hermético, insolidario e ríxido. Non somos para a morte nin para a enxenación, somos para a Vida que nos define,  nos explica e nos  implica. A irresponsabilidade cara outro non ten a raíz na conciencia de si mesmo, o yo inconsciente non se constrúe per se, tan so  é unha creación dun sistema de relacións orquestado polo relato historiográfico. A dirección e o significado ético nacen da responsabilidade que se orixina ao tomar conciencia da realidade e de si mesmo xa que o si mesmo non so é o centro, senón a meta e a expresión máis completa da vida. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario