APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

domingo, 19 de diciembre de 2021

"MANIPULACIÓN UBICUA"

"Es un hecho sorprendente que aquellos que se oponen más férreamente a la manipulación de la conducta, no obstante, hacen el esfuerzo más vigoroso para manipular las mentes". B. F Skinner 

A intelixencia aplicada á computación ubicua implica acción; é dicir, que os sensores na Internet ambiental poidan ser tamén accionadores. O obxectivo é a intervención e o control ubicuos. O poder busca modificar as accións no mundo en tempo real. Os sensores intelixentes poden rexistrar e analizar a conducta no momento e averiguar o xeito de cambiala. Todo elo caracteriza unha nova faceta da produción que enfatiza as economías de acción. Unha fase decisiva dos medios de produción do capital cara un sistema operacional máis complexo e interactivo. Un fito na carreira para garantizar o lucro. 

A afinación consiste en ofrecer pistas subliminais dirixidas a modelar sutilmente o comportamento no momento e lugar precisos co obxectivo de influir nel do xeito máis eficiente. Outro xeito sería o denominado "empurronciño" que Richard Tales e Cass Sunstein definen como "calquiera aspecto nunha arquitectura da elección que modifique o comportamento das persoas nun sentido predecible". As situacións están estructuradas para canalizar a atención e influir na acción dos individuos. 

A visión do mundo dos economistas da conducta é a dun pensamento humano fráxil e imperfecto. Esta visión anima aos gobernos para que diseñen "pequenos empurróns" que encamiñen a toma individual de decisións cara resultados concretos. O que se pretende é fomentar eleccións e decisións que parecendo libres, favorezan os intereses dos especuladores. Para iso, se compra a intelixencia de eminentes científicos formados para dominar as artes e as ciencias. 

O arreo é un enfoque que se basea no control de determinados elementos no contexto inmediato do individuo. Permite instrumentar a distancia a situación humana pechando as vías alternativas de acción guiando o comportamento por un camiño aproximado á certeza total.

Por último, o condicionamento é un enfoque para inducir un cambio na conducta.  B. F. Skinner sostiña que a modificación da conduta debería imitar o proceso evolutivo no que o comportamento é seleccionado polo seu éxito adaptativo en condicións ambientais. Propuxo o condicionamento operante a traveso do reforzo. Desenvolveu quendas de reforzo capaces de modelar as rutinas conductuais iniciando a inxeniería do comportamento. Condicionar a grande escala é esencial para o capital ao garantizar a prevalencia dun sistema que se basea na creación e o control das necesidades de consumo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario