APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

miércoles, 22 de diciembre de 2021

"O ALTER..."

"El lenguaje es el bien más precioso y a la vez más peligroso que se ha dado al hombre". 

Dicia Hölderlin que alí onde está a dor está tamén o que o salva. Que, únicamente cren no individuo aqueles que tamén o son. Max Meyer titulou Psicoloxía do outro un manual que recibiu escasa atención e rematou esquecido. Segundo Skinner, Meyer combinou a psicoloxía e a física na busca de absolutos. Afirmou a esencia condutista segundo a cal, o mundo dentro do pelexo do outro perde o seu estatus preferente. A conduta humana sucumbiría á investigación científica so si os psicólogos aprendían a ver aos seres humanos como o outro e deixara a un lado a experiencia interior das persoas. Deste xeito, a psicoloxía científica restrinxiría o seu ámbito aos comportamentos sociais. O ser humano para a psicoloxía deixaría de ser si mesmo para converterse en un alter enaxenado que tería que recodificar dúas das experiencias de orde superior máis significativas: a vontade e a liberdade. 

En más alá da liberdade e a dignidade, Skinner sostén, equivocadamente (noutro momento se explicará por qué), que liberdade e ignorancia son sinónimas, o que se traduciría en que o coñecemento non nos fai libres, senón que nos libera do feitizo da liberdade. Non é o coñecemento o que nos quita a liberdade, senón a ideoloxía que se agocha tras él; é dicir, cómo se utiliza. Para Meyer e Skinner, nocións como liberdade, autonomía, sentido e capacidade de acción son mecanismos de defensa que nos defenden da ignorancia humana. Non nos deixemos enganar pola ilusión da linguaxe victoriana da modernidade. O contorno so determina a conduta cando se ignoran os entresixos do condicionamento do  mesmo xeito que a maxia perde o encantamento ao descubrirse o truco. 

Meyer, igual que o fixera I. Kant doutro xeito, expulsa a ánima, o eu, a mente e a conciencia da ciencia. Supostamente,  a alteridade nos conduciría a unha nova forma de liberación política. ¿Inxenuidade académica ou ilusión?, pretender favorecer ao ser humano afianzando unha modernidade eficiente e racional. Non podemos culpar ao inaccesible do ser humano, tan necesario no proceso de individuación, dos episodios de represión, tortura, masacre, escravización e xenocidio por parte das élites do interdicto. Quizais  o ser humano como organismo explique a tendencia á manipulación das ciencias actuais. Desgraciadamente a ciencia sirve ao diñeiro e utiliza as súas conquistas para crear un crepúsculo de formigas no que a liberdade se entrega como pago polo coñecemento sectario. 

Skinner en La conducta de los organismos, non deixa de proclamar con boa fe que a liberdade non é outra cousa que a ignorancia que agarda a ser conquistada, craso erro. A liberdade implica responsabilidade polo que todo ser humano responsable é libre. Pero non so a traveso do coñecemento, senon do entendemento. Que enganado está aquel que cre que o libre albedrío non é máis ca un anaquiño de negación indixesta pola falta de información sobre os determinantes reais da conduta. So é unha certeza para aquel ou aquela que se deixan seducir por un relato que os allea de si mesmos convertidos nun alter, nunha condición experimental, unha variable de laboratorio, un número nunha distribución estadística. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario