APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

jueves, 23 de diciembre de 2021

"¿...?"

"To be or not to be, that is the question". (Hamlet) W. Shakespeare. 

O ser e o non ser se esclarecen mútuamente nunha dialéctica que determina ao ser no tempo que é o mesmo que decir ser no mundo. A ordenación do tempo o regula todo en torno aos individuos. Podería decirse que é un atributo de dominación. Un poder que se nos impón a partires do cal comenza todo até que torna en pasado. A pretensión temporal establece a grandeza do poder. A forza é máis coercitiva e inmediata que o poder; sen embargo, o espacio e o tempo pertencen ao poder. 

A persoa persevera na evasión, fuxe do tempo sin decatarse da súa fugacidade. Apenas barrunta o seu ámbito histórico. Rexeita o comenzo e busca refuxio na continuación. O historicismo que opera na discreción e de xeito arbitrario vai quebrantando lentamente a interpretación de época en época disfrazando o dereito natural dos pobos á vida e o dereito das persoas a despregar as súas potencialidades. 

A instalación de novas ordes nas épocas de maquinacións  é sempre unha cuestión de poder. Os esforzos que hai que invertir para facer creíbles as explicacións se solucionan incluíndo á persoa nas maquinacións coa axuda das novas tecnoloxías e a historiografía evitando que poida tomar decisións esenciais. Para que as maquinacións conserven o auténtico poder debe asegurarse que todo é esencialmente político e que, é precisamente ese carácter, o que debe primar en cada ser humano. Como decía Heidegger, o home aínda se arriscou pouco a adentrarse na pregunta polo espacio no que a súa esencia se vai trazando. So se pon de acordo consigo mesmo cando se decata da superficie pola que se deixa arrastrar aínda que queira pensar que é él a forza propulsora. 

¿Quén  goberna? ¿Onde está a súa sede? ¿Onde a paisaxe que descuella? Primeiramente teremos que facelo visible para logo cultivalo. Coa meditación xorden decisións porque meditar é averiguar o que hai que decidir para que o esencial non quede relegado á indiferencia. Quizais algún día desapareza a meditación coma unha quimera que se esvaeceu no tempo e, o que foi se transfira a unha forma de xestión do tempo virtual. Sen embargo, compre deixar constancia destes e outros signos da nosa civilización para que algún día haxa a posibilidade de chegar a coñecer o seu alcance. Estos fenómenos practican un proceso no que a masa dos antigos e os novos homes instruídos rematen imbuidos polo relato historicista. 

As repercusións historiograficas dunha historia pretérita se afianzan tenazmente na memoria das xeracións futuras baixo o  palio dunha ciencia sosegada pola erudición dun mundo apaciguado co alcance das súas preguntas e respostas. Quen agarde consolarse coa ciencia o único que poderá obter dela será o nome e as opinións historiográficas acerca dela. Todo consuelo soslaya a inescrutable mudanza do ser humano. As preguntas futuras non so deben preguntar algo distinto, senon preguntar doutra maneira. De tal xeito que lle dean resposta á transformadora incorporación do ser humano na estancia da existencia. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario